Galinus dá a volta o mundo con Mr. Darwin

12:51 30/03/11

Unha viaxe interactiva a través do planeta
A exposición trata de ir máis alá da mera galería tradicional, tanto física como virtualmente. O obxectivo é introducir unha compoñente interactiva que complemente a exposición e que faga que o lector poida facer a súa propia viaxe pola historia das especies. Así obtemos "unha exposición + web interactiva, participativa e multilingüe (galego/english/español)". Polo de pronto, e tras un proceso de publicación en beta (modo probas) a exposición xa está publicada na versión 1.0. Pero non queda aí xa que a exposición está en continuo cambio e en breve poderemos disfrutar da versión 1.1 con novos contidos e funcionalidades.Presentación internacional
A iniciativa está tendo unha boa repercusión internacional e o vindeiro venres 8 de abril presentarase no Congreso "Museums & the Web", que este ano celébrase en Philadelphia. Trátase da máis importante reunión mundial sobre o uso de novas tecnoloxías da información nos museos e celégrase cada ano desde 1997.
esta edición, os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) fomos invitados a presentar a web MisterDarwin.eu, como un novidoso exemplo de experiencia online interactiva, integrada coas redes sociais e construida empregando servizos Web 2.0.
Máis información
- www.misterdarwin.eu.
- Presentación en Philadelphia de "MisterDarwin.eu: A web exhibition based on 2.0 interactivity".
Novas relacionadas
- A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña.
- Galinus traballa pola redución da fenda dixital nas áreas rurais do país.
- Galinus amosa en Vimianzo as vantaxes das ferramentas 2.0.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- QPC e Galinus, finalistas por partida doble dos premios Eganet 2010.
- 3 representantes da Costa da Morte na cúpula das TIC galegas.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).