Luns. 07.10.2024
El tiempo

Marina Gómez presenta na casa a súa novela

Presentacion Marina Gomez en Corcubion
Marina Gómez presenta na casa a súa novela

Fin de semana literaria por Corcubión. O sábado estará Modesto Fraga no Casino, pero antes o venres 4, ás 19:00h, a Biblioteca Municipal de Corcubión acolle unha cita moi especial. Chega ao ciclo mensual a autora local Marina Gomez Pose presenta o seu libro A Muller de ollos mouros e intensos.

A mestra de lingua e literatura castelá no IES Fernando Blanco de Cee, codirixe o grupo escolar “Tuejele teatro” e a “Compañía Farándula Velutina de Corcubión”. Un par de grupos teatrais que levan colleitado ducias de premios mesmo a nivel estatal.

Acompañará a Marina na presentación Elvira Santiago Gómez, doutora en socioloxía pola UDC e Fernando Castro Paredes, escritor e profesor de secundaria, e compañeiro de Marina nos grupos teatrais.

O guión de A muller de ollos mouros e intensos comeza “pouco despois da traxedia do Prestige, Celia, após un estraño e traumático accidente, aconsellada pola súa terapeuta, decide cambiar de aires. Viaxa, daquela, á Vila do Ara Solis onde se instala na antiga vivenda dunha amiga. Unha forza incomprensible fai que se sinta profundamente atraída polo retrato de mamá Adela quen custodia os vellos tesouros familiares entre os que se atopan unhas follas amarelentas que o tempo tornou fráxiles e crebadizas, pero que están cheas de vida, de vellas historias dunha época pasada.Celia decide aceptar a proposta da súa amiga de organizar os retallos de vida de mamá Adela, unha muller cuxo destino se entretece dun xeito misterioso co seu propio”.

Pero esta obra non é soamente a historia de Adela. “É a historia de varias mulleres que, a pesar de pertencer a mundos diferentes e a distintas épocas, loitan, na medida das súas posibilidades, por acadar o seu lugar no mundo cun idéntico obxectivo vital: a procura da felicidade. Se é que esta existe”.

Máis novas

Comentarios