O BNG de Corcubión acusa o PP de ser cómplice do alcalde


Continúa o proxecto de rexeneración do areal de Corcubión sendo centro de polémicas. Esta semana o BNG vén de preguntar no congreso ao PP se vai executar o proxecto da praia artificial en Corcubión, ao tempo que o acusa de ser "cómplice do alcalde" neste punto, e noutros.
Pon o exemplo o BNG da última sesión plenaria, na que o grupo de goberno, co apoio do PP, decidiron a ubicación do cemiterio, "sen contar coa opinión dos veciños", segundo denuncia o BNG, que presentaba unha iniciativa para facer unha consulta popular á que o PP se abstiña.
Lembra igualmente Oscar Insua, voceiro do BNG local, que "non é a primeira vez que o PP facilita ao alcalde sairse coa súa, pois no mes pasado, o orzamento municipal puido aprobarse gracias ao abandono do salón de plenos dos edís populares".
pregunta pola praia
Deste xeito, o BNG vén de rexistrar no congreso dos Deputados, a través de Francisco Jorquera, unha "pregunta para que o goberno de Rajoy responda por escrito si vai seguir ou non adiante co proxecto xa iniciado da praia artificial, pois o Bloque corcubionés xa non se fía da palabra popular".
O portavoz nacionalista, Oscar Insua señalou que “O PP fala moito, pero ao final está facilitando que o alcalde sempre se saia coa súa". Insua tamén manifestou que “veremos si o PP cumpre coa palabra dada no seu día sobre a praia artificial, ou pola contra tamén deixará que o alcalde faga o que lle pete. Está claro que o PP de Corcubión, por activa ou por pasiva, é cómplice do alcalde".
Novas relacionadas
- O BNG de Corcubión denuncia falta de liberdade de expresión.
- Reactívase o Colectivo contra a praia artificial de Corcubión e solicita o pronunciamento firme do PP.
- A Costa en Verde: Un chapuzón en Corcubión?.
- Aprobados os orzamentos de Corcubión nun pleno a medias.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Corcubión.