O BNG de Corcubión comprométese a destinar as parcelas de Quenxe a zonas verdes
08:29 11/01/11
Xa o apuntabamos hai un mes: A nova urbanización de Quenxe segue en marcha. Unha aposta pola urbanización dunha das poucas zonas que quedan virxes en Corcubión e que poderían convertirse nun referente na zona se se coidase a zona.
Un dos que xa protestou foi o BNG corcubionés, que criticaba a "invasión urbanísitca" da zona. Hoxe vai máis aló, e comprométese, xa case que en campaña preelectoral, "a destinar as parcelas de Quenxe a zonas verdes" se asume a alcaldía o vindeiro mes de maio. Apuntan que "na zona de Quenxe existen vivendas de máis, e a metade están baleiras, polo que dende o BNG apostamos por non saturar máis esa zona", e nesa liña aposta por unhas "zonas verdes con equipamentos municipais, para o goce de todos os veciños e veciñas de Corcubión".
Pleno explicativo
Do mesmo xeito, o BNG solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario para que o alcalde explique publicamente as xestións co PERI e co PXOM. O BNG quere presentar observacións dende a Corporación Municipal ao informe de avaliación ambiental estratéxica para o plan de construir 30 vivendas na parcela de “galiña blanca”, e tamén para que o alcalde explique as xestións feitas en relación a este PERI, e ao Plan Xeral urbanístico.Novas relacionadas
- O solar do Cine Vello de Corcubión non poderá acoller un edificio.
- A Xunta une Cee e Corcubión coas novas Directrices urbanísticas para frear a dispersión>.
- A nova urbanización de Quenxe segue en marcha.
- Quenxe xa ten por onde crecer.
- Rexeitado o PXOM corcubionés por excesiva permisividade urbanística.
- Denuncia cunha foto: Quenxe (Corcubión).
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do BNG de Corcubión.