Martes. 23.04.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión pide que o alcalde abone do seu peto os 15.000€ de multa polo Caso Sambade

O BNG de Corcubión pide que o alcalde abone do seu peto os 15.000€ de multa polo Caso Sambade

Volve de novo o Caso Sambade, o electricista, a actualidade política de Corcubión. Cada certo tempo BNG e PP ocúpanse de traelo ao día de hoxe, e se o PP o facía hai uns meses, hoxe é o BNG o que lembra que hai 2 meses "a Dirección Xeral de Relacións Laborais confirmou a sanción de 15000€ que a inspección de traballo impuxo ao concello por acoso o pasado ano".

15.000€ que denuncian dende o grupo da oposición que non se plasmaron nos orzamentos, polo que pode ao alcalde que "os pague do seu peto".

Vai máis alá e denuncia "a política laboral de acoso e derribo que fai o alcalde, tratándose neste caso, dunha conducta gravísima, como é acosar a un traballador". “Alguén no PSOE debería meditar a continuidade dun alcalde acosador”, finaliza o voceiro local Oscar Insua.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

Comentarios