Martes. 16.04.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión presenta alegación contra a edificación en Quenxe

O BNG de Corcubión presenta alegación contra a edificación en Quenxe
A urbanización de Galiña Branca en Quenxe está enriba do Museo do Mar

Mentres Corcubión segue pendente dunha posible moción de censura trala moción de confianza vinculada aos orzamentos, outro tema candente volve á escena. Falamos da polémica urbanización da parcela da “galiña branca”, enriba da praia de Quenxe, promovida pola inmobiliaria “Sicar”. A parcela é a situada detrás do chiringo dos xeados entre As Hortensias e o Museo Marítimo Seo de Corcubión.

Hoxe é o BNG o que vén de presentar alegacións á “aprobación inicial do Plan Especial de Reforma Interior da parcela", como xa fixeran no ano 2010 no período de consultas sobre o trámite para someter ou non a “Avaliación Ambiental Estratéxica o PERI en Quenxe".

Dende o BNG consideran que a "futura urbanización acabaría cunha das poucas zonas verdes que quedan no casco urbano", e denuncia que "no Informe de Sostibilidade Ambiental a promotora Inmobiliaria Sicar S.L. opta por dar datos falsos ao falar de incremento poboacional de Corcubión, cando a realidade é que Corcubión leva varios anos perdendo poboación".

Tras ollar o informe, o BNG critica que "a promotora indica que as actuacións son fóra da franxa do litoral, cando son ao mesmo pé da praia". Ademais, "tampouco ten en consideración elementos patrimoniais nas súas proximidades coma as antigas fábricas de salgado ao borde do litoral situadas a menos de 200m. da parcela, e que foron no seu día propiedade dos mesmos promotores deste PERI, así como tampouco se identifica o pequeno porto que daba servizo ás instalacións da antiga empresa de carbóns, hoxe museo Seno marítimo de Corcubión, situada dentro da parcela e identificada".

Ademais, e o que parece máis grave é que "o estudo a desordenación sufrida na zona de Quenxe co “boom” da construción, centrándose exclusivamente na parcela concreta e non na contorna", ademais de non apuntar o número de vivendas baleiras que hai en Corcubión, e tamén en Cee, pois o informe pon como argumento o aumento poboacional da veciña vila.

Para rematar, o BNG "denuncia que detrás só hai un un interese especulativo por parte da promotora coa connivencia do Goberno Municipal no uso do solo".

Novas relacionadas

  • 18-07-11: As novas urbanizacións de Corcubión duplicarán as súas vivendas.
  • 17-12-10: A nova urbanización de Quenxe segue en marcha.
  • 24-06-10: Quenxe xa ten por onde crecer.
  • 23-03-10: Rexeitado o PXOM corcubionés por excesiva permisividade urbanística.
  • Fotodesfeita: Quenxe.
  • Fonte

    • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

    Comentarios