Venres. 29.03.2024
El tiempo

Pablo Canosa: Levamos 10 anos de retraso e por iso fai falta o CMAT

Pablo Canosa: Levamos 10 anos de retraso e por iso fai falta o CMAT
Pablo Canosa Quintans de As Eiras de Lires presidente de APTCM

Apenas 15 días leva na presidencia da APTCM despois da última asemblea da entidade, pero xa está en marcha. O ceense Pablo Canosa Quintáns, de As Eiras (Lires) estará acompañado na directiva polos responsables da mazaricá Casa Jurjo, Jorge Jurjo como Secretario, e da fisterrá Mar da Ardora, Ángel Rivas, así como do muxián Sergio Sambade de A de Loló, do carballés do Río Sil e pendentes da participación do Playa de Laxe.
I é que a entidade quixo diversificar con xentes do norte da bisbarra facendo que Bergantiños se implique directamente no devir turístico-económico da Costa da Morte.

Queríamos falar con el para ver como ve o futuro do sector:

  • QPC: Pablo, por que presentas a túa candidatura á presidencia da APTCM?

Alguén ten que tirar do carro, non? Se todos estamos esperando sentados que nos traian o progreso a casa, non imos chegar a coñecelo.


  • QPC: Entendemos que a posta en marcha do Consorcio (chamado CMAT) é o obxectivo número 1 da APTCM?

Prioritario si, pero non o único. Tamén habería que poñer en marcha o Plan de Dinamización Turística integral, listo dende 2006, pero practicamente intacto, que habería que recuperalo, porque en cousas como sinalética, sendeirismo… non hai nada feito, e en boa medida, por non ter un Consorcio.

Necesitamos o convenio para levar adiante o CMAT porque vés un pouco como están avanzando outros destinos como a Ribeira Sacra, Arousa Norte… que se están promocionando moi ben gracias ao Xeodestino e nós estamos quedando atrás. De feito, levamos 10 anos de atraso. Levan na Ribeira Sacra 10 anos recibindo 150.000€ anuais, máis o que aportan as deputacións (uns 20.000 cada unha), son máis de 1,5 millóns de euros que non se investiron na Costa da Morte. Ademais, como non había Consorcio na Costa, os cartos que nos correspondía se foron repartindo por outros destinos, aumentando a nosa desvantaxe con outras zonas de Galicia, directas competidores do noso produto.

E dicímolo claro, son moitos cartos para investir na Costa da Morte. A Ribeira Sacra ten 12 oficinas de Información Turística, 6 permanentemente abertas. Na Costa da Morte ten só 1, a de Corcubión e non está aberta todo o ano. Iso si, temos unha oficina do Ézaro, aberta todo o ano, pero é municipal, dando un gran servizo, facendo un papel comarcal.

Hai moito por facer na zona. Temos as referencias de Booking, Tripadvisor… moi boas por un lado pero non tanto por outro, onde os clientes, e tamén directamente cando están nos nosos establecimentos, nos dan conta das nosas carencias e do que podemos mellorar.


  • QPC: Hai vontade por parte da Xunta de poñelo en marcha?

Cónstame que si, que si hai vontade da Xunta, de feito as administracións están moi interesadas en poñelo en marcha. A Xunta ten un compromiso pero aínda non temos reflectido no papel. En todo caso, estamos pendentes dunha reunión co presidente da Deputación, para solicitarlle que se implique de cheo, o que pode supoñer o espadarazo definitivo.

Se cadra aos que máis temos que convencer son aos Concellos, que ás veces se amosan reticentes, se cadra, polos cartos que teñen que aportar a estas entidades.

  • QPC: Como vai entón a adhesión dos Concellos?

A día de hoxe, 5 concellos confirmaron a súa presencia: Cabana, Laracha, Fisterra, Zas e Cee. Dende que se formou a nova directiva estamos tendo reunións con varios alcaldes da zona, e seguiremos para prantexarlle a necesidade de dormar parte.
Polo de agora xa temos comprometido ao Concello de Vimianzo, que antes de final de mes o levará ao pleno; o de Ponteceso confirmou que o vindeiro luns vai a pleno, igual que o Concello de Muxía, do que xa temos o compromiso do alcalde. Saímos tamén moi contentos da reunión co alcalde de Dumbría
.

Queda moito traballo, pero a implicación do sector público é clave. Hai Concellos reticentes, pero o que está perdendo é o sector privado, o que debe ser o gran beneficado dunha acertada política de promoción. O sector público tense que dar conta do dano que lle está a facer ao sector privado se non sae adiante o Consorcio.

Estamos moi contentos porque os concellos están sendo moi asertivos, e contamos que entren os 17 concellos.


  • QPC: E que hai do apoio de Neria? Xa houbo achegamentos?

O único que sabemos é que a Neria aseguraba na prensa que ía apoiar o CMAT, pero polo de agora non houbo máis contactos. A desunión do sector foi clave para o devir turístico da Costa da Morte, esperamos solventar este problema.

Non habería problema para encadrarnos xuntos, pois o sector privado ten que pagar un 10% do Consorcio, neste caso por agora só APTCM pero se entra a Neria se repartirían esa cota.


  • QPC: E noutra orde de cousas, que opinas de apostas cidadás como o Camiño dos Faros? Como pode botar unha man a APTCM a esta iniciativa?

Temos un potencial enorme. Prantamos unha semente e prodúcese ouro, e o Camiño dos Faros é un dos mellores exemplos.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios