O Piragüismo Dumbría xa é flamante campión galego


O CDM Piragüismo Dumbría vén de alcanzar o maior fito na súa corta historia, posto que esta fin de semana pasado se plocamou Campión Galego de Slalom nas categorías Infantil, Alevín e Benxamín.
Os do Xallas basearon o seu triunfo ó igual que na Copa Xunta de Galicia celebrada en Dumbría, nunha sólida labor de clube. Unha aposta que fai que malia que só se conseguira un título indivudual, o de Iago Canosa na proba raiña, o K1 infantil, o título por clubes quedase en mans costeiras.
I é que todos os palistas se situaron nos postos altos da táboa, o que dá moitos puntos para a clasificación por clubes. Iago ademáis de obter ese Campionato Galego no K1, despois dunha segunda manga espectacular, tamén se proclamou Subcampión Galego de C1.
Tamén son Subcampionas Galegas Andrea Souto e Lorena Rama no K1 Alevín e Benxamín respectivamente. Por se foran poucas, Carmen Antelo, Kiara Martínez e Brais Pérez obtiveron cadansúa medalla de bronce para pechar unha actuación histórica.
O Clube quere aproveitar este triunfo para agradecer primeiramente ó traballo dos seus rapaces, o dos pais que os levan e os traen e se implican no día a día do clube, e como non, ao Concello de Dumbría, sustento deste clube, e a Ferroatlántica polo seu apoio.
Último día para inscribirse no Raid Ponteaventura

Hoxe martes, ás 22:00 horas, finaliza o prazo para inscribirse no II PonteAventura Raid -Concello de Ponteceso, que se celebrará neste concello o sábado 3 de setembro.
A organización, que corre a cargo dos Bombeiros da Coruña espera entre 40 e 50 equipos (150 participantes), procedentes de todo o territorio galego. Os equipos (compostos por 3 persoas), terán que atopar 50 balizas repartidas por todo o territorio pontecesán. Serán sobre uns 80 km e un desnivel de 2000 metros positivos. A saída darase ás 10 en punto da mañá e terán ata as 20 horas para atopalas. Para elo, teñen 3 disciplinas, bici de montaña, trekking (correr polo monte) e kaiak. Coa axuda dos mapas que lle entregará a organización e a tarxeta de control, os equipos terán que "ticar" ditas balizas coa axuda tamén da brúxula que traerán os equipos participantes.
Esta é a 6ª proba das 7 que compoñen a VII Liga Galega de Raids de Aventura (Xermade, Somozas, Ferrol, Negreira, Ordes, Ponteceso e Pontevedra).
Para inscribirse ou informarse, poden facelo na web de www.agaco.es.
Novas relacionadas
Máis novas sobra o CDM Dumbría
- O Piragüismo Dumbría triunfa e crece na augas do Xallas.
- O CDM Piragüismo Dumbría quinto en Ecija e abre a escola de verán en Vimianzo.
- Os palistas dumbrieses fan de olímpicos e semiprofesionais.
- Presentada de forma oficial a nova sección de Ciclismo do C.F. Dumbría.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Dumbría.