Pesar en Corcubión pola morte nun accidente de Chete Lera
12:21 20/05/22
Mañá triste na vila de San Marcos. O actor, nado na Estrada, pero fillo adoptivo de Madrid e de Corcubión, falecía a pasada tarde nun accidente de tráfico en Málaga.
Se toda España o coñece polas ducias de longametraxes que protagonizou como un dos secundarios de luxo máis simbólicos da pantalla, a súa vinculación con Corcubión é continua dende hai moitos anos. Xunto cos seus irmáns Joaquín, Héctor e Justo, era habitual velo participar na vida social comarcal.