Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O pleno de investura de Corcubión non se vai celebrar ata o 7 de xullo

Voto de PP rotulado en Corcubión
Voto de PP rotulado en Corcubión
O pleno de investura de Corcubión non se vai celebrar ata o 7 de xullo

Contabamos a finais da semana pasada que un voto pintado pode retrasar a investidura en Corcubión. E finalmente, esta mañá de xoves 15 de xuño a Xunta Electoral de Corcubión anunciaba aos grupos políticos e ao propio Concello que o pleno de investidura, formulado para este sábado queda atrasado ata o 7 de xullo.

Deste xeito, Francisco Domínguez "Dro" (BNG) terá que agardar un par de semanas para estrear o bastón de mando.

A causa, a falta de resposta da Xunta Electoral Central sobre o recurso presentado por José Ramón Rojo (de PACOR) por ese voto rotulado do PP. Un voto chave, pois de ser aceptado (como aprobou inicialmente a mesa) daría un segundo edil ao PP, pero de ser rexeitado, devolvería a presencia plenaria a Rojo. A posibilidade de presentar recurso en función do resultado do veredito da Xunta Central (que debería chegar antes de mañá) por parte do partido que saia desfavorecido, fai que a Xunta comarcal decida adiar o pleno.

Comentarios