Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Primeiro achegamento no eterno conflito entre o Concello de Corcubión e o seu electricista

  • O traballador municipal “con soldo pero sen traballo” esixe o plus de produtividade e os intereses de demora, ou irá á vía xudicial
Casa do Concello de Corcubion
Primeiro achegamento no eterno conflito entre o Concello de Corcubión e o seu electricista

O eterno conflito entre o electricista de Corcubión, un dos “dous traballadores municipais con soldo pero sen traballo”, e o propio Concello de Corcubión, pode ter os días contados. Tras dúas décadas de desacordos, de enfrontamentos, o luns 9 de xaneiro de 2023 veranse as caras traballador e consistorio, nunha cita convocada polo Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Así o anuncia a Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia), que sinala que foi o propio Sambade o que solicitou a conciliación, en reclamación de cantidade, por falta de pagamento do plus de produtividade, cantidade a incrementar nun 10% polos intereses de demora.

O sindicato lembra que existe un acordo de 2011 entre esa entidade local e a súa representación sindical, en relación á repartición do 5% da produtividade, pedindo, en numerosas ocasións, copia do devandito acordo, así que se lle incluíse na devandita repartición, non obtendo resposta favorable, a pesar da sentenza do Xulgado do Social nº 2 da Coruña, de 20/12/2011, que condenou ao Concello de Corcubión a abonarlle ese plus de produtividade.

FAC-USO avisa que de non chegar a un acordo Sambade recorrerá á vía xudicial.

Novas relacionadas

Comentarios