Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Prisión provisional para detido por incumprir reiteradamente o confinamento

O Xulgado de Corcubión tamén está de garda facendo teletraballo
Prisión provisional para detido por incumprir reiteradamente o confinamento

Seguen sucedéndose casos de incumprimento das normas confinamento derivado do estado de alarma decretado como consecuencia da crise sanitaria do COVID-19. E parece que as forzas de seguridade van endurecendo as sancións. Desta volta, o Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión, en funcións de garda, decretou a prisión provisional, comunicada e sen fianza, dun detido que xa fóra condenado o pasado 1 de abril polo "incumprimento inxustificado da limitación da circulación”.
Aseguran as forzas de seguridade que saía “botar gasolina ata catro veces diarias, a dar un paseo ou a dar unha volta por estar canso ou aburrido de estar na casa”. Ademais, en varias ocasións viaxou acompañado doutras persoas a bordo do mesmo vehículo.

A Garda Civil cazouno de novo estacionado na estrada e cando foi interceptado amosou, “de forma sistemática e reiterada un absoluto desprezo polo principio de autoridade ”. Así, relata que os días previos á detención, 5, 6 e 8 de abril, o interceptaron axentes e o propuxeron para sanción por considerar que os seus desprazamentos en coche eran inxustificados. O día 6 de abril, segundo o auto, “chegou a subtraerse da intervención dos axentes da Garda Civil pola excesiva velocidade á que circulaba”.

Ante a “altísima probabilidade de que continúe circulando pola vía pública desatendendo frontalmente, con absoluto desprezo ao principio de autoridade e ao conxunto do ordenamento xurídico, as restricións á mobilidade das persoas”, o Xulgado mandouno a prisión, e a Fiscalía, que o acusa de cometer un delito grave de desobediencia á autoridade, coa agravante de reincidencia, solicita que sexa condenado a 363 días de prisión.

Novas sobre o cumprimento da corentena

Comentarios