Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un road-trip protesta de Corcubión a Rianxo polo Centro de Día

Boca de Sapo Centro de Dia Solucion Xa
A Boca de Sapo continúa pelexando polo Centro de Día de Corcubión
Un road-trip protesta de Corcubión a Rianxo polo Centro de Día

Vanse a Rianxo, os membros de Boca de Sapo Asociación Eco-Social e Cultural, para continuar e tecer lazos na súa loita polo Centro de Día de Corcubión. Vanse de viaxe, nunha “Road Protesta”, unindo as problemáticas da ría de Corcubión á da ría de Arousa.

Fano despois de contactar coa plataforma polo Centro de Día de Rianxo para manter unha reunión e compartir experiencia, experiencias e tratar de crear un principio de colaboración mutua.

A viaxe será este sábado día 1 de febreiro, con saída ás 15:00h da praza Castelao nunha furgoneta engalanada para a ocasión, coa lenda “Centro de Dia Xa!” para iren distribuíndo a mensaxe polas poboacións que atravesen no traxecto: Mazaricos, Serra de Outes, Noia, etc... até chegar ao Pazo de Rianxo onde ás 17:00h teñen prevista nosa cita coa Plataforma polo Centro de Día da mesma localidade.

Alí, farán unha reunión, aberta á cidadanía que queira sumarse, e poder artellar novas accións á loita común en defensa dos dereitos básicos dos nosos maiores.

Aproveitarán para escoitar as compañeiras da plataforma rianxeira que polo momento está colleitando avances alentadores nas súas revindicacións.

Deste xeito, Boca de Sapo continúa dando visibilidade a un problema que, no caso de Corcubión, leva aberto dende o ano 2010 e que segue a día de hoxe sen resolverse.

Novas relacionadas

Comentarios