xoves. 08.05.2025
El tiempo

Santa Comba, Corcubión e Muros promoven ideas emprendedoras

Santa Comba, Corcubión e Muros promoven ideas emprendedoras
Iniciativa Xove chega a Santa Comba e Muros

Tendes unha idea na cabeza? Queredes presentar algún proxecto? Pois desde o Taller de Ideas queren axudarvos a desenvolvelas e poder presentalas e sacalas adiante.
A Iniciativa Xove é unha liña de axudas da Dirección xeral de Xuventude, que ten coma finalidade financiar proxectos de ocio ou formación xuvenil, diseñados por xente entre 18-30, e dirixidos a esta franxa de idade.
Non é necesario pertencer a ningunha asociación para achegarse, só ter gañas de deixar fluir ideas para buscar novos proxectos empresariais.

Así, esta propsta chega a Santa Comba, Corcubión e mais a Muros, tras pasar por outros concellos da bisbarra. Farao o venres 4 de abril ás 20:00h, no Museo Terra do Xallas, na Casa do Pozo de Santa Comba; e mais o venres 12 de abril no Centro Cultural de Muros. A cita tamén se dará o vindeiro sábado 5 de abril ás 17:00 h. na casa da cultura o Concello de Corcubion.

Realizaranse Grupos Informais de entre 4 e 8 mozos, para presentar ideas, contando coa axuda da OMIX. Proporanse ideas e as axudas poden chegar ata os 4.000€, financiando o 100% do proxecto, e adiantando o 80%.

Darase un certificado de asistencia a todas as persoas participantes por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Xa podedes pedir máis información no 981 81 87 10 ou na OMIX de Santa Comba; ou no Departamento de Cultura do Concello de Muros antes do 9 de abril.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Santa Comba.

Comentarios