O Seprona investiga un veciño de Corcubión que lanzou 4 cachorros á ría

Historia para esquecer a que aconteceu esta semaan en Corcubión. Unha persoa avisaba á Garda Civil de que unha persoa descoñecida arroxara catro cachorros recentemente nacidos a ría de Corcubión o pasado día 30 de agosto pola noite. As cadeliñas foron atopadas e auxiliadas ao día seguinte pola mañá, por varias persoas que se atopaban na zona, permanecendo con vida só dúas dos cachorros, sendo trasladados inmediatamente a unha clínica veterinaria para a súa avaliación e coidado.
Paralelamente, a Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión investigou os feitos, logrando a identificación plena do seu autor, o cal retiroulle os cachorros a unha cadela da súa propiedade e arroxado á ría para desfacerse deles. A Garda Civil procedeu á investigación a un veciño da localidade, como presunto autor dun delito de abandono animal con resultado de morte. O asunto queda a disposición do Xulgado de Instrución nº 1 de Corcubión.
Os dous cachorriños que salvaron a vida, gracias á iniciativa Salvacadelos e á clínica Veterinaria Argos, xa están en casa de acollida e case adoptados.
Un dos dous cachorriños que conseguiu salvar a vida
NOVAS RELACIONADAS
- Maio 2020: Unha familia de Cee imputada por un suposto delito de abandono de 3 cadelas.
- A xestión municipal dos animais abandonados volve á actualidade dende Muxía.
- As “salvadoras” conciencian sobre o abandono de animais.
- Salvacadelos: 12 anos expandindo a rede de adopción.
- XEA: “É moito máis barato facer que baixe o abandono, que asumir a situación actual”.