A Xunta rexeita a xestión directa do Centro de Día e insta ao Concello de Corcubión a asumila

Conselleira Fabioa Garcia
A Conselleira Fabiola García no Parlamento

Chegou ao Parlamento a demandada apertura do Centro de Día de Corcubión. O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Óscar Insua preguntoulle ao goberno popular se tiña formulado abrir esta necesaria infraestrurura inseríndoa no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, denunciando que leva máis dunha década ignorando a infraestrutura e a demanda veciñal da Costa da Morte.

Insua lembrou lembrou que Corcubión ofreceu un edificio perfectamente equipado para acoller 22 persoas, para asumir a xestión do Centro de Día, tal e como solicita tamén a cidadanía local. Foi a máis e acusou directamente á conselleira de Política Social de actuar con “sectarismo partidista” por favorecer só aos concellos gobernados polo PP, como nos casos de ”Sobrado, Toques ou Ramirás”.

Oscar Insua no Parlamento

Na súa intervención, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, deixou clara a idea da Xunta de non asumir a xestión do Centro de Día. “A apertura do Centro depende do alcalde de Corcubión queira poñelo en marcha, e a Xunta colaboraría como no resto de centros de titularidade municipal, a través de axudas aos seus usuarios”, sinalou con rotundidade.

Histórico do Centro de Día