Martes. 08.10.2024
El tiempo

O eterno retraso do Centro de Día de Corcubión volve ao Parlamento

FOTO ANAPONTON CORCUBIÓN 1
Imaxe da última visita de Ana Pontón a Corcubión
O eterno retraso do Centro de Día de Corcubión volve ao Parlamento

Outro dos perfectos exemplos do esquecemento da Xunta para coa Costa da Morte é o Centro de Día de Corcubión. A proposta de rehabilitar o Antigo Asilo Emilio Alonso como Centro de Día nacía en 2009, da man do BNG, pero co grupo de goberno socialista, dacordo na necesidade de desenvolvelo. Pouco tempo despois a Deputación facía un investimento de 60.000 que completaba en 2011 con outro de 200.000, deixando o edificio practicamente listo para acoller unha infraestrutura social que debería asumi a Xunta.

Pero dende aquela, a pesar das continuas queixas do BNG (a penúltima este mes de setembro), ou das mobilizacións sociais, a Xunta non fixo un só movemento para facer realidade as 20-25 prazas que podería ofrecer este Centro de Día.

Esta semana, o propio BNG vén de rexistrar unha nova proposición non de lei no parlamento galego para que as instalacións se inclúan dentro da rede de centros de día do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. “Xa pouco queda por dicir sobre unha problemática que se fai eterna no noso concello e na comarca. Moitas familias vense impedidas para conciliar a súa vida familiar e laboral cos coidados das persoas dependentes, e xa van seis anos, dende que remataron as obras de acondicionamento do antigo asilo para instalar o desexado centro de día”.

Dende o BNG lamentan que “o grupo municipal do PSOE levan cos brazos cruzados demasiado tempo, esperando a que lles caia do ceo unha solución a esta demanda social e veciñal, e o Partido Popular non incluíu ningunha partida para este proxecto no borrador de orzamentos do ano 2021, a pesar das promesas realizadas polo Presidente da Xunta, que no mes de maio, antes das eleccións, veu a pasear e a sacarse a foto para a posteridade. Uns e outros prometen e prometen, mais xa se olvidaron tan pronto como pasaron as eleccións”.

Novas relacionadas

Comentarios