O PP rescata a petición de Sempre Corcubión e pide convertir o edificio do Hotel El Hórreo nunha residencia de maiores
Máis de 10 anos leva pechado o Hotel El Hórreo. Un dos símbolos hostaleiros da comarca que tralos anos de esplendor polos anos 60-80, intentou afianzarse a comezos de século, pero non o consegiu. Pechaba en 2011, e dende aquela o edificio esmorece sen que os propietarios, nin os bancos, nin as administracións, fagan nada. Dentro vai desaparecendo o mural de Villar Chao.
O grupo Sempre Corcubión propuña adqurilo en 2021 para convertilo nunha Residencia comarcal para maiores.
Desta volta é o Grupo Partido Popular do Concello o que, ante a situación ruinosa do edificio, solicita ao equipo de goberno do BNG que "inicie os contactos e xestiones pertinentes, xa sexa cos propietarios, entidades bancarias ou administracións que procedan para desbloquear esta situación de abandono". O grupo reincide na proposta do outro grupo da oposición: "O obxectivo é poder conseguir a súa reconversión de uso como residencia da terceira idade".
NOVAS RELACIONADAS
- 04-2021: Propoñen adquirir o Hotel El Hórreo e convertilo nunha Residencia comarcal para maiores
- 11-2020: O eterno retraso do Centro de Día de Corcubión volve ao Parlamento.
- 2018: Pola recuperación do mural de Villar Chao no ruinoso Hotel Hórreo.
- 2021: Anuncian unha urbanización no Hotel El Horreo.