Sempre Corcubión volve pedir a creación dunha residencia de maiores pública e comarcal
Segue enriba da mesa a loita veciñal sobre o Centro de Día ou a Residencia de Maiores en Corcubión. Van anos dende que a vila reclama unha infraestrutura necesaria ante o envellecemento da poboación (lembran que máis do 30% da poboación das comarcas de Fisterra e Soneira superan os 60 anos), a pesar do esquecemento da Xunta, a única con responsabilidade na materia.
Desde Sempre Corcubión volven traer o asunto á palestra, presentando unha moción sobre a necesidade de crear unha residencia de maiores pública e comarcal.
Recordan os servizos relacionados coa terceira idade que hai na comarca:
- Fogar Residencial Nosa Señora do Carme de Fisterra. Xestión Privada. Dotada con 15 prazas.
- Residencia Domusvi Vimianzo. Xestión Privada. Dotada de 150 prazas.
- Vivenda Comunitaria do Concello de Vimianzo. Xestión Pública. Dotada de 12 prazas.
- ASPADEX de Cee. Asociación sin ánimo de lucro declarada de Utilidade Pública. Dotada de 5 prazas en Vivenda tutelada e 15 prazas en Residencia de Adultos.
As 197 prazas existentes representa tan só o 7% da poboación maior de 80 anos da zona de cobertura dos servizos; dos cales, o 84% das prazas están xestionadas por empresas privadas como Domusvi que se fixeron coñecidas en todo o territorio galego polos contaxios ocorridos tras a Covid-19. Polo que, “á evidente falta de prazas, súmaselle o feito de que os servizos da terceira idade non están ao alcance de todas as persoas nin garanten unhas condicións dignas de atención”.
Histórico da loita polo Centro de Día
- Decembro 2020: O eterno retraso do Centro de Día de Corcubión volve ao Parlamento.
- Febreiro 2020: “Na Road Trip Protesta a Rianxo aprendimos que un Centro de Día é posible, e significa dignificar aos maiores”.
- Outubro 19: Boca de Sapo presenta 1.000 sinaturas para esixir a apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Xullo 19: Un berro silencioso, e medieval, pola apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Maio 2019: Corcubión enteiro sae á rúa polo Centro de Día.
- Maio 19: A cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de DíaA cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de Día.
- Camariñas, Corcubión e Ponteceso valoran o si da Xunta ao Centro de Día de Malpica.
- Outubro 2018: A Xunta volve negarse a poñer en marcha o Centro de Día de Corcubión.
- Outubro 2018: “Os técnicos de Servizos Sociais da comarca de Fisterra trasladaron á Deputación a necesidade de abrir o Centro de Día de Corcubión”
- Setembro 2017: O BNG critica a postura da Xunta co centro de día de Corcubión.
- Setembro 2017: A Xunta rexeita a abrir o Centro de Día de Corcubión
- Novembro 2015: O BNG de Corcubión pregunta polo esquecido Centro de Día.
- Maio 2014: O Centro de Día de Corcubión ve a luz.
- Xaneiro 2013: O BNG de Corcubión denuncia un novo retraso nas obras do Centro de Día
- 09-03-11: O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día.