Coristanco despide os campamentos do Son do Verán prantando árbores autóctonas no Espazo de Natureza de Oca
11:18 29/08/20
Onte foi día de despedidas dos campamentos de verán. Era a última quenda de “Ó Son do Verán” dos campamentos do Concello de Coristanco, que daba remate a esta aventura iniciada o pasado xullo co obxectivo de facilitar a conciliación familiar no municipio.
Como veñen facendo de forma habitual, despediron o verán deixando as súas pegadas. Esta vez no que será o futuro Espazo Natural de Oca, coa plantación de varias especies de árbores autóctonos, que serviu para adentrarse nun novo proxecto ambiental. Faias, freixos, carballos… son algúns exemplos das especies que protagonizaron esta xornada de plantación, coa que ademais lograron sementar recordos como tributo a un verán moi especial.