Coristanco e o Monte Pindo, dous dos puntos estratéxicos das manifestacións polo 11D contra os eólicos

Con motivo do Día mundial das Montañas, o sábado, 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” apoiada por máis de 170 colectivos de toda Galicia, convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a invasión eólica baixo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así Non”.
Serán dúas as concentracións que se vivirán na comarca:
No Monte Pindo
Partirá ás 10:00 horas no lugar do Fieiro (Mazaricos), desde onde se emprenderá unha marcha reivindicativa ata a Moa, cume do Olimpo Celta, onde se realizará unha impactante acción simbólica de denuncia do expolio eólico. A mobilización está convocada por ADECOM, exercerá coma anfitriona coa Asociación Monte Pindo Parque Natural (cuxo presidente Xilberto Caamaño nos guiará na subida) e conta co apoio de ADEGA, Plataforma en Defensa do Monte das Salgueiras e Ecoloxistas en Acción. Pero son moitas as entidades da comarca que convocan.
En Coristanco
A concentración realizarase na Praza do Concello ás 12:00h, da man da Plataforma NON Eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural, BerXallas, a Coordinadora Bergantiñá pola defensa da Terra e Eoloxistas en Acción Coruña Sur.
NOVAS SOBRE OS EÓLICOS
- 05-12-21: O rural sae á rúa en Sta Comba contra a invasión eólica.
- Coristanco e Mazaricos acollerán manifestacións da Coordinadora “Eólicos Así NON”.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.
- 11 entidades bergantiñás piden a anulación do Complexo Eólico da Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- Setembro 2021: A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo.
- Setembro 2021: Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural .