O rural sae á rúa en Sta Comba contra a invasión eólica

Esta mañá de sábado 4 de decembro, asociacións, plataformas, veciñas e veciños do rural manifestáronse no concello de Santa Comba para expresar a súa preocupación ante “a choiva de eólicos que asoballa Galicia”. Centos de persoas partiron da Casa do Concello xalleiro, e percorreron as rúas berrando lemas como "Aldeas vivas e non destruídas", "As brañas son vida, non as leves á ruína. Botarlles formigón é unha aberración" , "Por culpa do capital bótannos do rural”.
Á chamada da veciñanza de Freixeiro e a Plataforma Non Máis Eólicos Bustelo - Campelo - Monte Toural acodiron xentes de toda a contorna, de Coristanco, Carballo, Tordoia, Cerceda ou Ordes.
Mentres aínda non chegaron, debido á presión pública, os permisos de instalación para o megaparque de Buistelo, Campelo e Monte Toural, o último caso que saca á xente á rúa son os o de Monte Castelo con 25 aeroxeradores, o parque eólico Fontesilva con 12 aeroxeradores, en proxecto o Cerqueiral con 6 aeroxeradores. Pero non hai parada porque a azona volverá estar afectada polos novos proxectos que acaban de saír á información pública: o de Portochán, As Castiñeiras, Monte Silvariño con 31 eólicos máis.
As misivas son claras: “a forma de vida no rural periga, aldeas enteiras quedan dentro dos parques eólicos, as brañas - de gran importancia para o suministro de auga, a biodiversidade e a mitigación do cambio climático - tamén están afectadas por esta "febre de plantar cemento e metal na terra" á esgalla, pensando únicamente no beneficio económico das grandes multinacionais”.
A concentración finalizou diante da Casa da Cultura de Sta Comba dando voz á preocupación da veciñanza coa lectura dun manifesto. As agrupacións agradecen ao Concello de Santa Comba o apoio prestado na organización, xa que tamén critica a ubicación dos proxectos.
Os veciños de Quintáns, Mazaricos, tamén estiveron presentes.
NOVAS SOBRE OS EÓLICOS
- Coristanco e Mazaricos acollerán manifestacións da Coordinadora “Eólicos Así NON”.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.
- 11 entidades bergantiñás piden a anulación do Complexo Eólico da Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- Setembro 2021: A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo.
- Setembro 2021: Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural .