Mércores. 02.12.2020
El tiempo

CONCILIACIÓN

A primeira quenda de [email protected] dixo adeus ao Son do Verán en Coristanco

A primeira quenda de [email protected] dixo adeus ao Son do Verán en Coristanco

O pasado venres deu remate a primeria quenda de actividades "Ó son do verán" para 15 nenos do Concello de Coristanco. Esta proposta de actividades de conciliación para as familias pretende combinar a aventura co deporte e o formativo co lúdico a través dunha metodoloxía activa, participativa e integradora.

Como peche desta primeira quenda, os rapaces en agradecemento a Área Recreativa da Rocheira onde se desenvolveron ditas actividades, realizaron a plantación dun Carballo, acto co que nos embarcamos nun proxecto medioambiental para o respeto e cuidado da natureza e así devolverlle a Rocheira algo do moito que nos regalou nestes días de campamento. A este acto acudiu a concelleira Clarisa Couto, quen acompañou aos rapaces na despedida destas actividades e agradeceu aos participantes a súa implicación no desenvolvemento das dinámicas. 

Hoxe, luns, da comezo a segunda quenda de actividades, 15 nenos acompañados de 3 monitores iniciarán a aventura en A Rocheira: andainas, actividades de exploración, xogos acuáticos... son moitas as sorpresas que os esperan.

 

comentarios