Un novo e agrio pleno en Santa Comba

08:04 27/07/16
Seguen estando tremendamente quentes os plenos do Concello de Santa Comba. Onte tiña lugar un novo pleno ordinario, con menos asistencia que nas últimas ocasións. Pero o foco de atención seguiu sendo a mala relación entre a alcaldesa María Pose e o ex alcalde, José Antonio Ucha Velo. O cruce de declaracións foi constante durante as máis de 2 horas de pleno.
Tamén participou no agrio debate Chisco Ameijeiras, o edil de TEGA que facilitou a moción de censura. O cruce de acusacións sobre falta de transparencia, adxudicacións directas ou decisión sen consenso deixa patente a ruptura do pleno xalleiro.
Novas relacionadas
- María Pose: “A moción de censura ten a súa orixe no carácter dictatorial de Ucha Velo”.
- 26-05-16: Santa Comba xa ten o seu 7º alcalde en 9 anos.
- 23-05-16: Ucha Velo acusa ás altas esferas do PP de orquestrar a moción de censura en Santa Comba.
- 13-05-16: O PP e TEGA presentan unha moción de censura en Santa Comba
- 18-03-16: O pleno de Santa Comba puxo de manifesto a tensión entre os grupos municipais
- 24-11-15: O PSOE expulsa a Terra Galega do goberno de Santa Comba
- 09-07-16: Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”.
- 04-03-15: A alcadesa que doa o 50% do seu soldo para servizos sociais e becas de estudo.
- 28-11-14: Santa Comba xa ten alcaldesa.
- 18-11-15: Detido o ex-alcalde de Santa Comba na Operación Qatedra.
- 9-11-14: Dimite o alcalde de Santa Comba.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)