Xosé Antonio Andrade presenta en Coristanco e Carballo "Os cómaros da vida"

Este venres, 25 de outubro, ás 19:30 h., terá lugar na Biblioteca de Coristanco (Edificio de Servizos Múltiples), a presentación do libro, publicado por Edicións Espiral Maior, “Os cómaros da vida. Diarios 2020-2022”, a última entrega literaria do escritor e avogado coristanqués Xosé Antonio Andrade.
No acto, organizado conxuntamente pola Biblioteca de Coristanco e a casa editora, participarán, ademais do autor, Mónica Cancela, Técnica de Cultura do Concello de Coristanco; a mestra e filóloga Lucinda Andrade Cives, e o escritor e director de Edicións Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello.
O día 30 de outubro tamén terá lugar a presentación da obra en Carballo, no espazo cultural Espiral Maior Foro, iniciando así unha “xira literaria” que terá continuidade na Coruña, Oleiros, Sada e Santiago, como primeiros destinos.