Venres. 29.03.2024
El tiempo

4 novos inquilinos buscan fogar con urxencia en Salvacadelos

4 novos inquilinos buscan fogar con urxencia en Salvacadelos

Unha semana chea na iniciativa Salvacadelos, que artella a Clínica Veterinaria Argos de Cee xunto con QPC. I é que 4 dos novos inquilinos necesitan un fogar con urxencia.

Mestizo macho en Salvacadelos

Este é un mestizo macho, que xa está recuperado das lesións coas que o atoparon os seus salvadores preto de Laxe. Terá sobre dous anos e parece ser que foi abandoado ferido nunha zona de adestramento para caza.

Nana mestiza en Salvacadelos

Esta é Nana, unha mestiza de pastor, ten 8 meses e é moi xoguetona e boísima. Ten as orellas de punta e ten unha longa e espeluznante historia, polo que quere por fin asentarse nun novo fogar.

Beagle en Salvacadelos

Esta beagle xa pasou por Salvacadelos pero émoi urxente toparlle casa. Ten 3 aniños é un sol de cadeliña.

Ademais, tamén chegou á Clínica Veterinaria Argos de Cee este gato macho de 8 meses, tremendamente xoguetón.

Gato Salvacadelos

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios