Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Cámara de Comercio da Coruña apoia a creación do Consorcio de Turismo

A Cámara de Comercio da Coruña apoia a creación do Consorcio de Turismo

Seguimos pelexando para que o Consorcio de Turismo da Costa da Morte sexa unha realidade canto antes. Esta semana, o presidente da Asociación Profesional de Turismo da Costa da Morte (APTCM), Manuel Pan, mantivo o martes, día 4 de outubro, unha reunión co Presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Marcelo Castro-Rial, para tratar distintos temas de interese para o sector turístico da Costa da Morte.

O Presidente da Cámara, que dada a súa relación persoal con Corcubión e a bisbarra amosou unha gran sensibilidade polo noso territorio, é consciente ademais da necesidade de contar cun ente que articule o turismo da Costa da Morte, sobre todo nestes tempos en que os recursos económicos son mais escasos.
De feito, a Cámara de Comercio que preside Marcelo Castro forma parte do Consorcio de Turismo da Coruña e estudará, cos seus servizos técnicos, a posibilidade de formar parte do futuro Consorcio de Turismo da Costa da Morte.

O máximo responsable ofreceu tamén a posibilidade de incluír a oferta turística da Costa da Morte nas misións comerciais no exterior, así como a colaborar na formacióndo empresariado e outros temas varios nos que quedou patente unha moi boa predisposición entre ambas entidades para poder realizar colaboracións futuras.

Despois desta reunión, a APTCM agarda reunirse en breve co Presidente da Deputación para analizar con el a posta en marcha do Consorcio que xa conta co respaldo dos 17 concellos da Costa da Morte, así como do empresariado e distintas entidades como Neria ou a Cámara de Comercio.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da APTCM.

Comentarios