Numerosos actos de repulsa na Costa da Morte contra o triple asasinato machista de Valga
Ten conmocionado a todo o país o triple asasinato machista acontecido onte en Valga. E así o demostra a resposta de Concellos e entidades sociais para amosar a súa repuslta, de xeito que ao longo desta negra semana haberá accións en toda a comarca.
Martes de concentracións
Concentración no Concello de Carnota
Carnota e Muros e Cee son os primeiros en realizar unha concentración ás portas do Concello, este martes ás 12:00h.
Á mesma hora farán un parón na Praza do Concello de Carballo, onde o mércores ás 20.00h, haberá unha masiva concentración comarcal.
Pouco despois, ás 13:15h, o Concello de Santa Comba manifestará a súa máis enérxica repulsa nunha concentración para berrar “Non á violencia”, enfrente á Casa do Concello.
Concentración en Muros
Concentracións mércores e venres
O mércores están convocadas manifestacións en todo o país, e na Costa da Morte son varias as citas. Unha novedosa, pois será o primeiro acto do colectivo de mulleres SonLilá con sede en Carnota. A primeira convocatoria é para mércores 18, baixo a Alarma Femininsta, e será unha concentración ás 20:00 horas na Praza de Abaixo de Carnota (a da Pedra).
Asimesmo este colectivo, para dar resposta contundente ao peor verán de terrorismo machista en decadas (con asasinatos, parricidios, trata, pederastia, extorsións, desparicións, manadas, violacións …) súmase ás manifestacións e concentracións nocturnas convocadas en todo o pais baixo o nome de A Noite Violeta, convocando a toda veciñanza a unha concentración nocturna que terá lugar o venres día 20 ás 20:30 hora na Praza de Abaixo de Carnota (a da Pedra) con un símbolo, a luz violeta. Piden que se leven lanternas, panos violetas e se pode ser vestidas de negro.
Non falta a cita da Organización feminista Buserana que convoca unha concentración de repulsa para este mércores ás 20.30 na Praza 8 de marzo para demostrar que o feminismo sae á rúa en resposta á barbarie machista.
Non faltarán á concentración deste martes do Concello e súmanse á Convocatoria da Emerxencia feminista convocada en todo o estado para o vindeiro venres 20 de setembro, acto do que informaremos ao longo da semana.
Novas relacionadas
- Xullo 19: Fartas de ter loitar contra o feminicidio.
- 23-07-19: A Costa da Morte volve saír á rúa contra o asasinato machista de Vilalba.
- 08-07-19: Laxe berrou contra os violadores de Manresa.
- Maio 19: Consternación e repulsa ante o novo caso de violencia machista de Vimianzo.
- 8M 2019: As mulleres da Costa da Morte protagonizaron unha nova mobilización histórica polo 8M.
- Xaneiro 2019: Carballo volveu berrar #contraasviolencias tralo primeiro asasinato de 2019 e a volta á liberdade da Manada.
- 25N 2018: As Buseranas pechan un histórico 2018 na loita feminista na Costa da Morte.
- Agosto 2018: A Costa da Morte manifestou a súa repulsa á posta en liberdade da Manada.
- Abril 18: Ata a Costa da Morte se manifesta contra a sentenza xudicial á “Manada”.