A exclusión de Carballo do PDRS de AGADER é criticada polo GDR de Bergantiños

09:54 25/03/11

Máis puntos
A Xunta aprobaba 5 novos proxectos como son Centro de Día en Carballo, unha confitería en Laxe, unha empresa de adaptación de vehículos industrais en Bértoa, a ampliación dunha empresa de limpeza tamén en Bértoa, e un hospital de animais en Laracha. Outro dos puntos aprobados foi a elevación a AGADER da proposta de modificación do baremo para proxectos produtivos do programa LEADER, para establecer un porcentaxe mínimo de subvención do 30% no canto do 20% que rexe na actualidade, co fin de estimular a iniciativa privada.Novos proxectos
Un dos puntos máis importantes da orde do día foi a a elevación a AGADER da proposta de aprobación de 5 expedientes do programa LEADER correspondentes aos seguintes proxectos:- 1. “Rehabilitación de edificio para a creación/construción de centro de día e inclusión social San Xoán Bautista e albergue de transeúntes”. A axuda proposta ascende a 133.809,79 € (87,5% do investimento aceptado).
- 2. “Instalación de establecemento de elaboración e degustación de produtos de confitería- pastelería, bolería e repostería”. A ubicación do local é un factor fundamental e o lugar elixido foi a rúa principal da capital do concello de Laxe, situada a 50 metros da casa do concello e a 100 metros do centro médico, ademais existe un mercado de periodicidade semanal na mesma rúa. A axuda proposta ascende a 29.213,67 € (29,5% do investimento aceptado).
- 3. “Instalación de empresa especializada na adaptación de vehículos industriais”. O proxecto consiste na creación dun centro especializado en servizos integrais de reparación de vehículos no ámbito industrial e adaptación de vehículos para colectivos con necesidades especiais de mobilidade a desenvolver no polígono industrial de Bértoa (Carballo). A execución do proxecto suporá a introdución dun novo concepto de negocio non desenvolvido de forma integral por ningunha outra empresa do seu sector na zona. A empresa ofertará unha carteira de servizos non dispoñibles na actualidade, entre os que se atopan a adaptación de vehículos para persoas con mobilidade reducida e adaptacións e instalacións de sistemas GLP (combustibles alternativos). O proxecto supón a creación de 3 empregos directos. A axuda proposta ascende a 175.290,17 € (31,5% do investimento aceptado).
- 4. “Ampliación de empresa dedicada á fabricación de produtos de limpeza”. O proxecto consiste na ampliación e modernización da empresa mediante a construción dunha nave e a dotación de todos os medios estruturais e tecnolóxicos necesarios para levar a cabo a fabricación, o envasado e a comercialización de produtos de limpeza, desinfección, desinsectación, desratización e hixiénicos. Derivado do esforzo en materia de I+D+I, a empresa proponse fabricar novos produtos orientados ao tratamento de augas (especialmente para piscinas) e de limpeza industrial de fabricación 100% local. O proxecto supón a creación de 3 empregos directos e o mantemento de 8 e se desenvolverá no polígono industrial de Bértoa (Carballo). A axuda proposta ascende a 127.587,68 € (29,0% do investimento aceptado).
- 5.“Instalación e localización dun hospital para animais de compañía”. O proxecto consiste na construción de hospital veterinario e modernización dun centro de atención sanitaria para animais de compañía onde se ubicará un servizo de perruquería, 2 consultas con sala de espera, 1 laboratorio de análises, 3 salas de hospital (UCI, infecciosos e gatos), 1 farmacia para o propio hospital, prequirófano, quirófano, raios x e ecografía, sala de curas, 1 almacén con sala de conxelación de cadáveres e traumatoloxía. O servizo de atención será as 24 horas 365 días ao ano. O proxecto se localiza no núcleo de A Laracha, e suporá o mantemento de 4 empregos. A axuda proposta ascende a 106.597,41 € (27,3% do investimento aceptado).
Adhesións
En terceiro lugar, aprobouse o compromiso de adhesión a varios proxectos de cooperación que se presentarán á convocatoria do MARM de Proxectos Piloto e de Cooperación da Rede Rural Nacional para o exercicio 2011. Entre eles destacan os seguintes: proxecto AGRO-RES “Agro-restauración en red” coa temática principal centrada no establecemento de sinerxias entre a industria agroalimentaria local e o sector da restauración nos territorios afectados; “Nuevas tecnologías aplicadas al desarrollo rural territorial” coa temática principal do deseño e desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas para a xestión do territorio rural, que propón entre os seus obxectivos o deseño dun sistema de identificación xeográfica para a identificación de recursos patrimoniais, turísticos, ambientais,...; “Selvicultura como generadora de empleo del medio rural” cuxa temática principal se centra no fomento da silvicultura como actividade substitutiva e complementaria no medio rural, con obxectivos centrados na procura de novas formas de explotación forestal sostible.Personalidades presentes
Á sesión acodiron Evencio Ferrero Rodríguez (Alcalde do Concello de Carballo); José Ramón Varela Rey (Alcalde do Concello de Malpica); Joaquín Posse González da Asociación de Turismo Rural e Ocio da Costa da Morte; Carmen Teresa Blanco Cancela da Asociación de Mulleres Rurais Atalaia de Malpica; Margarita Varela Lema da Asociación Agraria Xóvenes Agricultores de Galicia; Manuel Vázquez Gómez da Venatoria de Bergantiños e Francisco Veres Couto da Sociedade Cooperativa San Martín de Cores.Máis informacións
Novas relacionadas
- O GDR aposta por unha clínica de podoloxía en Mazaricos e un centro social en Vimianzo.
- O GDR Bergantiños recupera a semente tradicional.
- Os 2 GAC das Costa unen as súas forzas.
- Medio Rural une a Costa da Morte e as Rías Baixas Norte.
Fonte
- Nota de prensa da man de Alberto Martínez Pose, Xerente da Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños.