![Jose-Gabin-na-Xuntanza-Empresarial]()
José Gabín, presidente da FECOM, acodía onte a unha reunión co Presidente da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos, ATA, Lorenzo Amor, e mais co Presidente de ATA Galicia, Rafael Granados. Os tres asinaron a
renovación do convenio de integración da Federación de Empresarios Costa da Morte - FECOM na Federación Nacional de Autónomos ATA.
O presidente de ATA, Lorenzo Amor, abordou diversos temas que afectan ó colectivo. Déronse cifras e datos sobre a cantidade de autonómos que hai no noso país e da súa incidencia na economía galega.
Tamén se falou da
necesidade de unirse para crecer e de como os autónomos son "como unha semente" que necesita ser abonada.
Unha das cousas que hanería que evitar son esas economías sumerxidas, ou empresas fantasmas, un auténtico lastre para os autónomos. I é que
ata o 64% dos autónomos vense afectados polo aumento da morosidade, sobre todo dende a última modificacion da lei do IVE.
A solución non está cercana ademais, e
a falta de vontade política que critica Amor é un escollo máis. Por se fóra pouco, Amor destacou que "nestes momentos
non hai nin unha soa comunidade autónoma que estea cumprindo a actual Lei de Morosidade, que establece o pago a provedores en 50 días".
As pesquisas non son boas, e o propio Lorenzo avisaba de que
"o paro non se recuperará no 2011 mentres continúe o ritmo de destrución de autónomos e empresas". I é que o 2010 pechouse con 58.088 autónomos menos, uns 200 diarios; e foron máis de 20.000 microempresas as que xa tiveron que pechar pormor da crise.
"Malos tratos" aos autónomos
"
Temos que adiantar o IVE das facturas que non cobramos", destacou Amor, que denuncia uns "malos tratos ao tecido empresarial", en especial ás pequenas e medianas empresas. O Estado está "chupando o sangue" como "unha sanguijuela" aos autónomos, engadiu.
As débedas tamén son serias.
As administracións públicas deben 12.000 millóns a autónomos e microempresas. Amor destacou igualmente que esta cifra increméntase ata os 40.000 millóns de euros se se ten en conta a "débeda viva", é dicir, aquela contraída polas administracións públicas coas empresas ás que adxudican obras ou proxectos.
Novas relacionadas
Fonte