A Fedanpa considera os orzamentos da Xunta como un paso na privatización


Os recortes en materia educativa non é algo que quede no imaxinario. Os recortes repercuten directamente nos centros de ensino, nos alumnos. Exemplos deles temos abondo na Costa da Morte, con centros sen suficiente profesorado, sen coidadoras, sen PTs, sen suficientes AL...Centros educativos que non cumpren as medidas de seguridade..."
Así o denuncian os membros da federación de ANPAs da Costa da Morte, que definen os orzamentos da Consellaría de Educación para o 2014 deste xeito: "recortes no Ensino Público para darllos ao privado", coincidindo coa opinión de moitos especialistas e representantes do ensino.
"A rebaixa do orzamento en educación non se lle pode achacar á crise, xa que se destinan millóns e millóns de euros para as empresas privadas de ensino", denuncian. "O presuposto que pretende aprobar o actual goberno da Xunta afonda no desmantelamento do ensino público e dificulta o acceso universal á educación, multiplica as carencias que padece o sistema educativo e dificulta ao extremo a igualdade de oportunidades. Esa redución orzamentaria, e os recortes educativos en todos os aspectos, conducen ao alumnado máis desfavorecido da nosa sociedade ao abandono escolar temperá, ademais de reducir a calidade da escolarización obrigatoria".
Consideran ademais que o mellor investimento en tempos de crise é educación, axudando ás familias máis desfavorecidas. "Pero non é así!" denuncian. "Todo o contrario: limitan a adquisición do diverso material escolar, a compra dos libros de texto, ou o acceso ás actividades extraescolares. Por se iso non chegase, o uso do comedor escolar terá que ser sufragado pola maioría das familias".
"Redúcense nun 0.93% en relación aos do ano 2013, mentres se transfiren centos de millóns de euros ao ensino privado concertado. E se tomamos como referencia o ano 2009, o decrecemento supera o 33,5%, é dicir, 680 millóns euros menos", explican."O investimento en educación supón un 20.86% dos orzamentos totais da Xunta de Galiza, cando nos anos 2007 e 2008 era do 27%". Serán 244.7 millóns de euros destinados ás empresas privadas de Ensino.
Consecuencias nas escolas
"As consecuencias deste despropósito recae nas nosas fillas e fillos debido as recortes de profesorado nos centros educativos, ao abandono da atención á diversidade, descoido da atención ás necesidades educativas especiais, a un incremento da ratio do alumnado e substitucións de profesorado sen cubrir".
Máis novas sobre a loita contra a LOMCE
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
- A comunidade educativa e cultural prepara a gran folga do 24O.
- Un peregrinación ata a fin da terra polo ensino público no rural.
- O Camiño, do revés, polo ensino público.
- Música e versos para berrar #NonáLOMCE.
- A comunidade educativa de Fisterra repasou a importancia das ANPAS.
- A comunidade educativa para ao completo contra a LOMCE.
- Peche costeiro contra a reforma e os recortes en educación.
- A Costa da Morte tamén loita contra o copago nos comedores escolares.
- Os pais e nais da Costa da Morte envían unha carta de preocupación ao Conselleiro ante os orzamentos de educación.
- A ANPA do Agra Raíces pide unión da comunidade educativos nos peores momentos do ensino público.
- A bitácora da semana (CCI): A Federación de Anpas da Costa da Morte.
- As Anpas da Costa da Morte propón un programa de reutilización de libros de texto.
- A Federacións de ANPAs da Costa da Morte estréase cunha dura crítica á LOMCE.
- 17-10-12: A mocidade da Costa da Morte tamén se rebela por un ensino público.
- 10-05-12: A folga do ensino déixase notar nos centros da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).