O Camiño, do revés, polo ensino público


Simbólica e reivindica iniciativa a que está a desenvolver a Plataforma pola defensa da Montaña e do Rural. Un grupo que leva facendo o Camiño de Santiago, pero á inversa, en defensa do Ensino Público e Gratuíto. A súa propostaestá a piques de rematar o camiño de Santiago a Fisterra, e é a
Así, os pais e nais de toda a bisbarra animaranse a realizar as etapas do Camiño do revés, e animan a que todo o mundo se una nesta loita.
Cada fin de semana faise unha etapa do camiño entre Compostela e Fisterra para chamar a atención das administracións, xusto no comezo das clases. A pasada saíron do obradoiro ata Hospital, e este vindeiro sábado 24 de agosto partirá a expedicióm ás 10 da mañá, de Hospital (Dumbría) a Corcubión. A última fase será o 7 de setembro de Corcubión a Fisterra.
E mentres irán explicando a todos os veciños o por que desta proposta: Dende que comezaron os recortes, centos de nais, pais, profesorado, alumnos e simpatizantes deste movemento levan loitando, coma nós, por un Ensino Público, Galego e de calidade, como base para o futuro das vindeiras xeracións, das comunidades, dos pobos, dos paises do mundo enteiro, porque as nosas fillas e fillos teñen dereitos e non son simples números dos que tirar.
Novas relacionadas
- Música e versos para berrar #NonáLOMCE.
- A comunidade educativa de Fisterra repasou a importancia das ANPAS.
- As Anpas seguen informando das consecuencias da LOMCE en Vimianzo e Fisterra.
- A histórica folga do ensino ao completo chega aos CEIP e roza o 90% de seguemento.
- A comunidade educativa para ao completo contra a LOMCE.
- Novas citas contra a LOMCE en Cee e Vimianzo.
- Peche costeiro contra a reforma e os recortes en educación.
- Bergantiños sae á rúa.
- A Costa da Morte tamén loita contra o copago nos comedores escolares.
- Os pais e nais da Costa da Morte envían unha carta de preocupación ao Conselleiro ante os orzamentos de educación.
- A ANPA do Agra Raíces pide unión da comunidade educativos nos peores momentos do ensino público.
- A bitácora da semana (CCI): A Federación de Anpas da Costa da Morte.
- A Fedanpa convoca unha concentración polo Ensino Público na capital de Bergantiños.
- As ANPAs propoñen un referendum pola reutilización e gratuidade dos libros.
- As Anpas da Costa da Morte propón un programa de reutilización de libros de texto.
- A Federacións de ANPAs da Costa da Morte estréase cunha dura crítica á LOMCE.
- 17-10-12: A mocidade da Costa da Morte tamén se rebela por un ensino público.
- 10-05-12: A folga do ensino déixase notar nos centros da Costa da Morte.
Fonte
- Información, fotos e vídeo da FEDANPA Costa da Morte.