A Fedanpa esixe a volta ao sistema de préstamo universal dos libros de texto


"Todo o Ensino Público e os seus servizos complementarios deben ser sufragados integramente con fondos públicos, estamos a falar, obviamente, de libros de texto, mais tamén falamos de calquera material necesario para a educación obrigatoria".
Sobre esa premisa, a Federación de ANPAs da Costa da Morte (FEDANPA), e co apoio da última opinión da Defensora del Pueblo, Dª Soledad Becerril, esixe a volta ao sistema de préstamo de material escolar:
- O material escolar debe ser gratuíto para todas e todo. Para nós Ensino é Ensino Público, e gratuidade é gratuidade no Ensino Público.
- Non só falamos de libros de texto, tamén de todo o demais, do material accesorio, todos eses mapas, dicionarios, caderniños, pinturas, compases, escuadras e cartabóns; e tamén falamos deses cinco euros do autobús para as saídas.
- Para todos, e gratuíta de verdade. Porque o di a tan nomeada Constitución no seu artigo 27.4: “O ensino básico é obrigatorio e gratuíto” e podemos complementalo co artigo 3.3 da LOE (que a LOMCE deixou vixente) “A Educación Primaria e a Educación Secundaria Obrigatoria constitúen a educación básica” e aínda podemos continuar co artigo 4.1 da mesma Lei: “O ensino básico ao que se refire o artigo 3.3 (o de antes) desta Lei é obrigatorio e gratuíto”.
Nova folga
Unha Fedanpa que segue en pé de guerra contra a LOMCE, e xa propón unha convocatoria de folga estudantil para o 20 de febreiro.
A Anpa Uxío negocia co Concello de Cee

Mentres, a ANPA Uxío, do Eugenio López, non para. Onte tiveron unha reunión coa alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, para poder contar co apoio do concello e intentar pedirlle alguhas actividades. A alcaldesa comprometeuse a ceder o pavillón, a pista de atletismo e o que fixese falta para poder sacar adiante a xornada única dentro do colexio, unha vez que a día de hoxe os horarios do colexio son de 10.00 a 13.00 e de 15.00 a 17.00, e os membros da ANPA queren que sexa de 9:30 a 14:30 e de 14:30 a 15:30.
De igual xeito, por parte da ANPA xa teñen varias actividades comprometidas ao igual que un equipo de profesores que os apoian. Tamén testá dacordo cas peticións a dirección do colexio, e xa foi remitido o informe de horario á Consellería para o cambio dos autobuses.
O vindeiro xoves día 23 de xaneiro haberá unha asemblea para todolos socios do colexio.
Novas relacionadas
- Un camión de tapóns solidarios dende a Costa da Morte para Matías.
- As rúas de Carballo cambian coches por nenos.
- A Fedanpa considera os orzamentos da Xunta como un paso na privatización.
Máis novas sobre a loita contra a LOMCE
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
- A comunidade educativa e cultural prepara a gran folga do 24O.
- Un peregrinación ata a fin da terra polo ensino público no rural.
- O Camiño, do revés, polo ensino público.
- Música e versos para berrar #NonáLOMCE.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información da ANPA Uxío e da Fedanpa.