Martes. 16.04.2024
El tiempo

Un camión de tapóns solidarios dende a Costa da Morte para Matías

Un camión de tapóns solidarios dende a Costa da Morte para Matías
1 millons de tapons para Matias do CEIP Eugenio Lopez de Cee

Non para toda a xente do CEIP Eugenio López de Cee. Xa en febreiro estivemos colleitando coa ANPA Uxío colleitando 1 millón de tapóns para salvar a Lola. Recibimos aos Reis cos alumnos. E hoxe visitamos o solidario centro con toda a comprometida comunidade.

Unha marea de axuda volcouse ca campaña "Tu ayuda = Mi ilusión", aberta para axudar a un pequeno santiagués de 5 anos a superar a súa parálise cerebral. Matías poderá contar como todos os 410 alumnos do colexio, os mestres, os pais e as nais, se volcaron coa súa loita. Pero non só eles. Tamén o Hospital Virxe da Xunqueira, o Mercado Municipal, os bares da vila e as tendas, en especial Fogar prestando mesmo o camión para levar milleiros de tapons a ata Santiago e invitando a repetir.

"Todos colaboraron desinteresadamente por unha causa solidaria, foron xuntando un a un todolos tapóns que tiñan ao seu alcance", apunta Rafael Quintáns. "Esta á segunda viaxe solidaria que facemos", referíndose á dos primeiros tapóns para Lola, e ao igual que a primeira, foi todo un éxito de solidaridade".

Un camion enteiro de tapons para Matias dende a Costa da Morte A nai de Matias con Rafa e Monste da ANPA Uxio-Tu ayuda = mi ilusion Todos os pequenos se volcaron coa campana solidaria

Máis información

Novas solidarias

Fonte

Comentarios