A mocidade bergantiñá ten gañas de emprender
Sorprende a gran participación da mocidade bergantiñá nas Xornadas de Motivación celebradas estes días no Forum Carballo, polo que parece que ten gañas de emprender. Unha cita organizada pola Oficina de Promoción Económica do Concello e pola Deputación da Coruña coa colaboración do Igape e a Xunta de Galicia, que contou con varias personalidades para sacar o mellor de cada un.
A primeira xornada foi desenvolta por Paula Lema, que expuxo os recursos que ofrecen a Oficina de Promoción Económica de Carballo e a Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Deputación da Coruña. Puideron escoitar os presentes tamén como recibir información das liñas de financiamento a través de Afigal e rematou a sesión, compartindo as experiencias de 4 empredendores locais.
Os 75 participantes nas Xornadas volveron o martes para ver como se traballa o deseño de marca e a imaxe, a Lei do Emprendedor, as liñas de axuda do Igape e o cooperativismo e a economía social. Moitas cousas para ter máis claridade se nos atrevemos a emprender.
Novas relacionadas
- 40 desempregados aproveitan as pioneiras instalacións do Forum Carballo.
- FormaCIP: formación audiovisual de vangarda.
- O edificio dos 100 actos.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- #ForoMobilidade: Carballo repensa o seu modelo de cidade.
- O #CursoTurismoUDC de Carballo propón modernizar o sector da Costa da Morte.
- 4 novos cursos de formación en cociña, restaurante, soldadura e electricidade en Carballo.
Fonte
- Concello de Carballo.
- Redacción de QPC ([email protected]).