martes. 03.06.2025
El tiempo

A Xunta negocia co concello de Coristanco o parcheado da AC-552

A Xunta negocia co concello de Coristanco o parcheado da AC-552

Efectivamente, non se trata do comezo das obras da VAC. A Xunta anuncia hoxe que prevé iniciar a vindeira semana as obras do proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na estrada Carballo-Baio (AC-552), no núcleo de San Roque no municipio de Coristanco.

E así llo fixeron chegar ao alcalde de Coristanco, Antonio Pensado Plágaro, xa que durante os meses de xullo e agosto, o Concello de Coristanco xunto cos veciños afectados, presentaron unha serie de alegacións ao Proxecto. Representantes da Consellería MATI informaron ao alcalde que intentarán chegar a un consenso cos veciños xa que a finalidade desta actuación e garantir a seguridade dos peóns, xa que se trata dunha área poboada pola que discorre unha estrada cun nivel de tráfico importante.

A Xunta investirá case 1.900.000 euros para levar a cabo o proxecto de mellora da seguridade viaria da estrada que une Carballo e Baio (AC-552), ao seu paso polo concello de Coristanco. Unha vez que o proxecto se reformule, labor que terá unha duración de mes e medio, dende a Dirección de Obra procederase a presentar e explicar a ese Concello o documento técnico, co obxectivo de poder acadar un consenso con esta entidade local e os seus veciños con respecto a esta actuación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios