Sábado. 05.10.2024
El tiempo

A Xunta ratifica os retrasos na Autovía ante a falta de financiamento da empresa

A Xunta ratifica os retrasos na Autovía ante a falta de financiamento da empresa
Membros da Neria e da FECOM co Conselleiro Agustín Hernández onte en Santiago

Novas verbas sobre a Autovía do Goberno da Xunta. E as verbas volven chegar do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, que se en abril prometía que as obras se rematarían no 2013, a semana pasada recoñecía que ía ser imposible.
Onte, o Conselleiro mantivo unha reunión cos representantes das asociacións Neria e Fecom, na que reiteiro que "a concesionaria aínda non acadou cos bancos o peche do financiamento que permita completar os fondos propios que aportan as empresas para seguir acometendo as obras co seu ritmo normal".

De feito, falou con claridade e deixou caer que é posible que en 2 meses se retire a concesión á UTE, o que provocaría un novo e tremendo retraso na execución das obras.

Puntualizou que "a execución da autovía atópase a un 17% do seu investimento global" e quixo asegurar que "a Xunta actuou e actuará sempre con transparencia en relación con esta cuestión, e que está a disposición de todos os sectores sociais, políticos e económicos da comarca para explicar cando o requiran a marcha das obras".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta

Comentarios