Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Anova denuncia que a Xunta permite “deliberadamente” os eólicos en zonas de humedais

Branas Valadares Outes
Imaxe do humedal e a Braña de Valadares, en Outes, afectada polo P.E. Maragouto
Anova denuncia que a Xunta permite “deliberadamente” os eólicos en zonas de humedais

O Parque Eólico Braña Ancha, o megaproxecto fragmentado de Campelo e Monte Toural, o de Maragouto… son algúns dos exemplos de proxectos que van afectar directamente aos humedais do país.

Así o denuncia Anova, que lamenta que a Xunta permita “deliberadamente” esta afección a estes espazos naturais por parte dos macroparques. “O Goberno galego conxelou instrumentos de protección natural para favorecer o negocio das eléctricas”, declarou o portavoz Antón Sánchez, que considera absolutamente insuficientes a tramitación e aprobación de declaracións de impacto ambiental dun gran número de parques eólicos.

”As brañas, turbeiras e, en xeral, os humidais son hábitats fundamentais para a conservación da biodiversidade e para a loita contra o cambio climático pola súa capacidade de captura de CO2 e para o correcto funcionamento do ciclo hídrico”, explican.
Porén, “a Xunta de Galicia, coa súa actitude de connivencia coas grandes empresas do sector eólico, está a facer todo o necesario para que as políticas de protección da natureza non sexan un obstáculo para o seu negocio”.

”Un proxecto de reforzo poboacional de Centaura Ultreiae”

De “lavado de cara” califica a Asociación Ambiental Petón do Lobo o proxecto “para o reforzo poboación da centaurea ultreaia” que está a desenvolver a compañía Greenalia traballa, en colaboración co Centro de Investigación Forestal de Lourizán -dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, (AGACAL)- e a Escola Politécnica.
O proxecto estudou a presencia desta especie autóctona nos Concellos de Coristanco, Santa Comba, Val do Dubra e Tordoia, e asegura que despois do seu proceso de recollida e expansión de sementes, o censo de exemplares subiu de 7.800 a 20.000.

Cómpre lembrar que a propia empresa está no xulgado pola afectación desta especie autóctona por varios dos seus proxectos eólicos. Dende as entidades medioambientais lembran que a especie afectada máis polos megraproxectos é a Euphorbia.

Novas sobre eólicos

Comentarios