O novo impulso eólico propón 40 novos proxectos na Costa da Morte
Con toda esta avalancha de viraventos que se nos ven enriba, quixemos facer un pequeno repaso sobre como afecta a presencia de parques eólicos en toda a Costa da Morte. Baseándonos no mapa visor do Rexistro Eólico de Galicia, contabilizamos 34 parques eólicos con 606 aereoxeneradores en funcionamento neste 2021 (o 40% de toda a provincia).
Concellos como Mazaricos (con 123) ou Dumbría (114) sitúanse entre os tres primeiros da provincia coruñesa, só por detrás de As Pontes de García Rodríguez. Lonxe quedan concellos lucenses como Abadín (con 200) ou Muras (381).
Se a situación actual xa se define cunha alta, para moitos excesiva, ocupación do territorio, a que ven enriba é aínda moito máis crúa, se temos en conta que vivimos nunha zona onde a Paisaxe e a Natureza son activos turísticos-económicos que si revirten directamente no territorio. Pola contra, o negocio eólico, que move arredor os 600 millóns de euros ao ano, segundo o Observatorio Eólico de Galicia, pouco repercute na comarca, máis alá do Fondo de Compensación Ambiental, que deixa menos de 1 millón de euros entre 16 concellos da comarca.
Máis 600 aereoxeneradores activos
Aos 34 parques activos, teremos que sumarlle en breve os 24 P.E. que se atopan en proceso de tramitación; e por se foran poucos, outras 15 novas solicitudes de PE. Serán un total de 73 os parques eólicos que suframos nos 17 concellos da comarca.
Con este panorama, Fisterra e Cee fican como os únicos Concellos libres de eólicos de toda a Costa da Morte, se ben o proxecto de Monte Outeiro parece que tamén vai afectar ao Concello de Cee.
(Pincha aquí para acceder á táboa ao
A Sociedade Galega de Ornitoloxía
Interesante resumo fai a Sociedade Galega de Ornitoloxía en relación concreta á serie de novos parques eólicos proxectados na montaña galaico-leonesa: “A afección de cada parque e as súas infraestruturas asociadas non debe de contemplarse independente do conxunto e por tanto, debería de valorarse a opción de declarar á montaña Galaico-leonesa como área de exclusión de parques eólicos ou na súa falta establecer unha avaliación ambiental conxunta antes de aprobar calquera proxecto de ámbito estatal ou autonómico”.
Lembran que “Galicia está moi por riba da media española en xeración de enerxías alternativas, e realmente xa tería alcanzado en termos relativos os obxectivos de sustentabilidade expostos para 2030”.
Mapa realizado pola Rede Galega Stop Eólicos.
Novas sobre os eólicos
- P.E. Braña Ancha: Un novo proxecto en Santa Comba
- P.E. Portochán: A veciñanza xalleira mobilízase ante outro megaproxecto fragmentado ilegalmente.
- P.E. A Picota: Os eólicos comprometen o sector gandeiro.
- P.E. Patiñeiro: 5 aereoxeneradores de máis de 200m de altura a 500 metros das casas
- P.E. A Lagoa II: A exposición pública un novo proxecto eólico entre Santa Comba e Zas
- P.E. Sembra: Os eólicos poñen sombra sobre a paisaxe e o Camiño de Cee, Dumbría e Fisterra
- P.E. Cabazo: Denuncian o Proxecto Eólico de do Cabazo pola súa afectación á Lagoa de Louro.
- P.E. Monte Tourado: A veciñanza de Roma e Meanos protesta pola afectación ás súas explotacións madereiras
- P.E. Pedrabante: O cuarto megaparque promovido polo Ministerio
- P.E. Berdoias: Ata 11 concellos afectados
- P.E. Soesto: Dous grandes viraventos entre a praia de Traba e a de Soesto.
- P.E. A Ruña III: Enriba dun humidal.
- P.E. Monte da Croa: Ateigando de viraventos nunha zona xa sobreexplotada.
- P.E. Alto do Torreiro: Denuncian a tramitación fraudulenta do parque por fragmentación irregular.
- P.E. Monteadugo-SET Morás: Outro mar de viraventos entre Arteixo, Carballo e A Laracha.
- P.E. Monte Chan: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- P.E. Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- P.E. Monte Agrelo e Muriño: Outro proxecto eólico sobre os montes de Cabana e Zas .
- P.E. Orzar e Tornado: Outros dous proxectos eólicos de Greenalia en Carballo .
- P.E. Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- P.E. Bustelo e Baralláns: Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico.
- P.E. Corme: A Xustiza demostra o incumprimento de EDP, e a connivencia da xunta, á hora de medir o ruído dos eólicos de Corme .
- P.E. Berdoias: Varias entidades presentan alegacións ao Parque Eólico de Berdoias polo impacto no seu patrimonio.
- P.E. Campelo, Bustelo e Monte Toural: A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico.
- P.E. Banzas: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas.
- P.E. Maragouto: Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña.
- P.P.E.E. Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado: Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría.
- P.E. G3 Corme: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- P.E. Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- P.E. Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais
- “Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos.
- P.E. Cerqueiral: O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.
- P.E. Mouriños: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- P.P.E.E. Bustelo, Campelo e Toural: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- P.E. Pena Catasol: Laxe xa non é un Concello Libre de Eólicos.