P.E. Braña Ancha: Un novo proxecto en Santa Comba
- O Concello orghaniza unha xuntanza informativa entre veciños e a empresa promotora

O pasado 28 de decembro, a Xunta sometía a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Braña Ancha, nos concellos de Santa Comba e Coristanco (expediente IN408A 2020/21).
A Asociación Petón do Lobo fai un estudo sobre o proxecto, sinalando que son 4 xeradores de 5,6 MW de potencia, altura de buxe de 105 me e diámetro de rotor de 150m.
A entidade considera que falamos doutro proxecto que non ten utilidade pública e interés social e que a súa infraestrutura de evacuación, obxecto esta doutro proxecto independente non sometido á avaliación ambiental.
Destacan que hai varias especies de flora en perigo de extinción ou en estado vulnerable potencialmente afectadas polo parque, como son a centaura ultreiae, a euphorbia uliginosa, a lycopodiella inundata, isoetes fluitans ou o narcissus cyclamineus.
A entidade déixanos tamén un modelo de alegacións e axuda a presentalas antes do 10 de febreiro.
Xuntanza informativa
O Concello xalleiro quere manter informados aos veciños afectados e convoca unha xuntana informativa na que participará persoal da empresa promotora, Adelanta Corporación.
A reunión será este luns 10 de xaneiro ás 20:30h no Multiusos.
Novas sobre eólicos
- O Concello de Mazaricos confía en que a Xunta non aprobará os parques eólicos A Picota I e II.
- Petón do Lobo analiza con especialistas a problemática dos eólicos.
- O Consello da Cultura Galega tamén solicita a revisión do Plan Sectorial Eólico cun informe
- 14-12-2021: A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos.
- 11-12-21: Coristanco e o Monte Pindo berraron o "Eólicos Así NON”.
- 05-12-21: O rural sae á rúa en Sta Comba contra a invasión eólica.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- Setembro 2021: A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo.
- Setembro 2021: Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural .