Anulados os servizos mínimos esixidos pola Xerencia do Hospital


Unha das queixas dos sindicatos do Centro Hospitalario ceense viña sendo nas últimas semanas a proposta da Xerencia para os Servizos Mínimos. Unha proposta que a CIG, representando aos traballadoras/es do servizo de limpeza do HVdV, consideraba completamente "abusiva".
Segundo o sindicato, "a proposta establecía unha actividade do 100% nas urxencias, do 70% nas áreas de radioloxía, laboratorio de urxencias e hospitalización e do 50% no resto das áreas. Ademais, o decreto estabelecía un operativo de traballo para os festivos e fins de semanas do 100%".
Deste xeito, as traballadoras/es continúan estes mércores co calendario de concentracións semanais en demanda da equiparación do grupo E do Sergas. Un dereito que xa teñen recoñecido a maioría dos traballadores e traballadoras deste servizo no resto dos hospitais galegos. Neste senso, "a representación do persoal lanza un novo chamamento á Xerencia e á dirección de Limpisa Grupo Norte para que abran unha mesa de negociación que permita a resolución deste conflito".
Novas relacionadas
- 23-01-12: Continúa aberto o conflito da limpeza no HVdX ante a posible mediación da administración e os “abusivos” servizos mínimos.
- 20-01-12: Nova folga indefinida das traballadoras da limpeza do Hospital.
- 02-11-11: Máis paróns na limpeza do Hospital.
- 05-10-11: “Xerencia escoita, limpeza está en loita”.
- 30-05-11: A CIG pide a equiparación salarial dos traballadores da empresa de limpeza do HVdX cos do SERGAS.
Fonte
- Nota de prensa da CIG-Cee.