Axenda das últimas verbenas do verán

07:37 08/09/22
Co comezo de curso, chega a que se pode chamar a última fin de semana verbeneira do verán. Aínda que quedan algunhas para a seguinte, esta fin de semana da Barca serve para despedir esta especial temporada estival, na que puidemos volver bailar agarrados os pasodobles cun sorriso ben grande sen as máscaras de por medio.
Como vimos facendo ao longo do verán, facemos repaso das citas para esta fin de semana, tendo en conta que hoxe xoves 8 hai a segunda traca, con sesión vermu, da Romaría das Neves, Buxantes (Dumbría) e a singular Romaría da Virxe do Faro de Brantuas.
Pero antes, repasamos outras citas da Axenda
- O venres Carballo celebra o 150 aniversario de Xesús San Luís Romero en clave teatral.
- O venres o MACCMO de Corme acolle as representacións do grupo Xebrescena do libro “Recortes de risa”.
- O Festival Feros Corvos de Santa Comba ten dúas interesantes citas poético-literarias o sábado con María do Carme Parafita e o domingo con Manuel Rivas.
- A Eira Bar celebra o seu 40 aniversario coa II edición do Cremita Fest este venres.
- As Torres do Allo acollen o domingo unha visita teatralizada cos Quinquilláns e un monólogo de Quico Cadaval.
- O sábado, Malpica acolle o I BaleaFest.
Festas
A lista de verbenas é a seguinte:
- Romaría da Virxe da Barca (do 8 ao 11).
- Festas da Barquiña de Ponteceso (do 9 ao 13).
- Festas Patronais de Fisterra (do 8 ao 10) e Concerto de Xoel.
- Romaría das Neves, Buxantes, Dumbría (3 e 8).
- Romaría dos Milagros de Caión, Laracha (8, 9, 10 e 11).
- Romaría dos Milagros de Santa Comba (10 e 11).
- Festas das Dolores de Carnota (16, 17 e 18).
- Festas de Colúns, Mazaricos (17 e 18).