Luns. 14.10.2024
El tiempo

RECORTES EN SANIDADE

As baixas de profesionais de Atención Primaria agrava a crise sanitaria na Costa da Morte

Imaxe da manifestacion en Dumbria por unha sanidade digna
Imaxe da manifestación en Dumbría por unha sanidade digna
As baixas de profesionais de Atención Primaria agrava a crise sanitaria na Costa da Morte

Aos graves problemas co servizo de pediatría da Costa da Morte, comezan a saírlle competidores. O servizo de Atención Primaria tamén está dando verdadeiros dores de cabeza tanto a profesionais como familias e pacientes, como demostran eses mércores de paro nos que ambos colectivos unen forzas para loitar por unha sanidade pública digna.

Esta semana, as baixas de dous profesionais de atención primaria en Fisterra e Zas están provocando unha parálise nas citas dos centros de saúde de ambos concellos. O Sergas segue co costume de non cubrir as baixas, e en Fisterra, por agora, mentres a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña non atope un sustituto (a baixa do profesional vai ser de longa duración) xa non se conceden citas.

Por Zas, ata o goberno municipal alza a voz, esixíndolle a Xunta que se tomen con urxencia as medidas oportunas para que se cubra a tempo completo a baixa dun dous titulares. Súmase o alcalde de Zas á indignación dos usuarios e usuarias do Centro de Saúde de Zas, pois ademais do horario reducido de pediatría polo que tanto están loitando, agora sofren, por mor da baixa, sen cubrir, duns dos titulares, “masificacións nas consultas, retrasos de ataé 15 días nas citas, cupos desbordados, consultas abandonadas cando o outro sanitario do centro ten que atender unha urxencia…”, explican dende o goberno zaseiro.

Ante as numerosas queixas cidadás, o Alcalde enviará hoxe mesmo unha petición á Consellería de Sanidade, esixindo que restableza o servizo, e deixando patente “o deterioro da sanidade pública é un problema que afecta a toda Galiza e que se agravou nos últimos meses especialmente no rural”.

Dúas semanas sen pediatra en Zas

A cousa pode chegar a ser máis grave se fan reais as estimacións da Plataforma Zas sen recortes en pediatría. A titular vai coller unhas merecidas vacacións a segunda quincena de abril, polo que se o Sergas non cubre a baixa, os nenos do concello van a estar sin pediatra do 17 de abril ás 15h ó 6 de maio ás 12. Terían que desprazarse ata Vimianzo para ser atentidos, no mellor dos casos.

Todas as novas sobre os recortes no pediatra

Máis novas

Comentarios