Xoves. 25.04.2024
El tiempo

RECORTES EN SANIDADE

As familias de Dumbría volven concentrarse por un servizo de pediatría decente no rural

Concentracion polo servizo de pediatra en Dumbria
As familias de Dumbría volven concentrarse por un servizo de pediatría decente no rural

Un cento de persoas uníronse este martes 5 de marzo, ás portas do Centro de Saúde de Dumbría, para protestar cos eternos recortes en materia sanitaria. As familias de Dumbría, como as de Zas, Camariñas, Muxía ou outros concellos da comarca, están mobilizadas ante o precario servizo de sanidade pública, que as obriga a facer ducias de quilómetros para obter unha atención de segunda calidade.

Por iso berraron as familias dumbriesas este martes de Entroido, “Pola saúde dos nosos fillos”; por un “Pediatra para o rural Xa”, porque “Coa saúde dos nenos non se xoga” e contra unha realidade que convirte aos “Nenos do rural = Nenos de segunda”, como rezaban as pancartas que levaban nen@s e maiores.

A concentración contou co apoio do alcalde, José Manuel Pequeño, e persoal do Concello, así como do propio centro médico.

Importante a presencia do alcalde e personal do concello. Apoio de Camariñas q tamén empezan a sair e apoio do persoal sanitario do centro médico, como vén ocorrendo cada mércores en varios centros de saúde da comarca.

”Sabemos que estamos nunha loita longa porque as noticias apuntan a que tamén empezarán os problemas cos médicos de cabeceira, pero aquí seguiremos”, explícanos María Leis, unha das nais afectadas e mobilizadas.

Concentracion en Dumbria polo servizo de pediatria copia

Concentracion de mercores no Centro de Saude de Muxia
As familias volveron unirse cos profesionais no Centro de Saúde de Muxía0

 

Todas as novas sobre os recortes no pediatra

Máis novas

Comentarios