Xoves. 28.03.2024
El tiempo

RECORTES EN SANIDADE

Un novo mércores de concentración por unha sanidade pública digna nos Centros de Saúde

Concentracion de mercores de familias e profesionais no Centro de Saude de Muxia
Concentración deste mércores de familias e profesionais no Centro de Saúde de Muxia
Un novo mércores de concentración por unha sanidade pública digna nos Centros de Saúde

Mércores, 12:00h. Toca concentración en contra dos recortes na sanidade pública galega. Os profesionais dos Centros de Saúde fan un paro de 10 minutos para protestar pola situación de emerxencia que ten a atención primaria, sen recursos, absolutamente sobresaturada, e cunhas condicións de máxima precariedade.

Ao seu carón únense en lugares como Muxía, as familias afectadas polos continuos recortes no servizo de pediatría. Recortes que reinciden, directamente na masificación da atención primaria.

Este mércores 27 de febreiro volveu haber concentración nos centros de saúde de Muxía e Carballo. Porque en Cee están tan sobresaturados que non poden nin parar 10 minutos para reivindicar un sistema público digno. Si o fixeron hai 2 mércores pero ao final as colas provocan numerosas queixas nos pacientes, que moitas veces non se decatan que estas denuncias públicas son polo seu ben.

En Muxía estrearon pancarta, a mesma que lle ían, como fixeron a semana as familias de Zas e Camariñas este vindeiro venres a Feijoo, que ía pasar pola zona para un novo acto de partido, pero que ao final non se realizará, a pesar da promesa da voceira local do PP de que ía recibir ás familias.

Por Carballo continúan co seu calendario de mobilizacións, por mor de que as consultas saturadas, de médicos e pediatras, con 40 ou 50 pacientes por día, reclamando máis persoal, máis medios e substitucións para a atención primaria.

Contracion deste mercores no Centro de Saude de Carballo por unha atencion primaria digna

Concentración deste mércores no Centro de Saude de Carballo por unha atención primaria digna

Novas relacionadas cos Recortes en Sanidade

Comentarios