Vimianzo acollerá gala solidaria en favor do pobo ucraíno

O Concello de Vimianzo organizará o vindeiro 1 de abril unha gala solidaria en favor do pobo ucraíno. Será na Casa da Cultura e dará comezo ás 21:00 horas.
Daranse cita a Escola Municipal de Música Tradicional e Moderna, con numerosas actuacións que chegan de balde para apoiar a causa. O Coro Municipal, Irma Macías e Xaquín Rama, Jaime Lema, Suso Andrea, o dúo José e Pepe, a banda de gaitas da AC Trubisquiña, a banda de gaitas O Revoltixo de Carantoña, a charanga Pasarela Big Band, os Bastardos de Rivera, Suso de Quinito, Oppium e Teima, que presentarán a súa versión de “Túa nai é meiga” .
Poranse a disposición da veciñanza entradas na billeteira do Auditorio, en horario de 10:00 a 14:00 horas polas mañás; e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes, con prezo 5 euros, e tamén a través de
Novas sobre Ucraína
- Corme dá a benvida á súa ducia de ucraínos.
- Luís Lema Martínez, a solidariedade e a humanidade sobre o asfalto.
- Bárbara, a corcubionesa que trae dúas familias ucraínas na súa "casita rodante”.
- Ramón Dourado atravesa Europa para traer a Corme 12 refuxiados de Ucraína.
- Unha carreira por Ucraína.
- A Pergoliña busca aloxamento para acoller refuxiados de Ucraína.
- Muros prepárase para enviar axuda humanitaria a Ucraína.
- Como axudar a Ucraína dende a Costa da Morte.