Luns. 04.11.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros está salvando o verán

Facendo o Camino dos Faros
Facendo o Camiño dos Faros
O Camiño dos Faros está salvando o verán

Finalmente non fallou ningún. Os 9 concellos polos que pasa o Camiño dos Faros desbrozaron os 200 km de percorrido litoral para que os trasn@s poidan disfrutar dun dos nosos máis prezados produtos turísticos. Algúns tardaron máis que outros pero o importante é comprobar que gracias á presión mediática e dos propios hostaleiros, os Concellos arrimaron o ombreiro e fixeron o seu traballo para manter vivo este proxecto mentres o proceso de homologación continúe nunha inexplicable pausa.

Apenas falta un repaso á sinalización, que lle toca facer aos incumbustibles trasn@s da Asociación Camiño dos Faros, esa entidade sen ánimo de lucro que vén de crear en apenas 7 anos o proxecto turístico máis importante para a Costa da Morte das últimas décadas. Un Camiño aberto a todo o mundo, e que segue afianzándose por todo o mundo, e así o comprobamos no activísimo grupo creado en Facebook do Camiño dos Faros en Directo, onde grupos numerosos, familias, parellas… suben as súas fotos disfrutando das nosas paisaxes, e mesmo quedan para ter compañía.

Grupo de trasnos polo Camino dos Faros
Numerosos grupos disfrutan da zona

E tamén por toda a península, neste singular 2020 onde o turismo sostible, o turismo de natureza, o turismo de sendeirismo, se está perfilando como unha saída ideal ante a crise sanitaria que levamos sufrindo.

De feito, esa imaxe de turismo seguro é o que está ofrecendo o Camiño dos Faros e a Costa da Morte, e estás ervindo para salvar o verán turisticamente falando. Estes días xa comprobamos como as cifras de visitantes ao Dolmen de Dombate ou ao Faro Vilán están demostrando que o turismo nacional (e galego) están escollendo a Costa da Morte como destino, e hoxe comprobámolo falando con varios empresarios do sector.

Ante a falta do turismo estranxeiro e a parálise do Camiño de Santiago, a chegada de milleiros de trasnos está sendo un bote salvavidas. Non é que medrase moitísimo con respecto ao ano pasado, pero a progresión continúa á alza, e non se freou a chegada de camiñantes. Un dato singular é o aumento dun 15% nas visitas á web caminodosfaros.com (unha perfecta guía de ruta) nos meses de xuño e xullo con respecto ás do ano pasado.

Outro bo termómetro é o Museo de Man de Camelle, unha das paradas obrigatorias para moitos trasn@s. Alí este ano, nas follas de visitantes xa incluíron o ítem “Camiño dos Faros” para comprobar a incidencia do mesmo, e se ben aínda non fixeron un cálculo concreto de momento poden asegurar que “bastante significativa” a presenza de trasn@s na zona.

A nivel empresarial, así o ratifican empresarios como Marcos da Molinera de Camelle. “Nin covid nin nada. Aquí é un continuo pasar de trasnos todos os días. O Camiño dos Faros está a tope, igual que sempre”, explica.

Outros establecimentos conseguiron poñer o cartel de completo polo menos algúns destes últimos días, como nos resalta Pablo Canosa, dende As Eiras, que destaca que o turismo familiar, autonómico, está sendo o gran salvoconduto. En todo caso, valora que o Camiño dos Faros está sendo importante e mesmo recoñece que durante o mes de xullo foi fundamental.

Dende o Hotel Playa de Laxe recoñecen que aproximadamente 2-3 habitacións son ocupadas por trasn@s.

Xentes como Ana Baneira ou corredoires Facendo o Camino dos Faros
Persoas soas, grupos de corredores... a familia trasna é moi variada

Novas do Camiño dos Faros

Comentarios