Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Celebrando o Día da Matria Galega dende o mundo enteiro

 

Bandeira Galega polo 25 de xullo 2020-Embaixada.gal
Celebrando o Día da Matria Galega dende o mundo enteiro

Máis de 600 persoas acudiron á chamada de embaixada.gal, a plataforma internacional da diáspora galega, para crear o cartel conmemorativo do Día de Galicia. Baixo o lema " Galiza somos tod@s en calquera parte do mundo" e con máis de 600 fotografías de galegas e galegos repartidos polo planeta e amantes de Galicia, Alejandra Praza e Xosé Lois Lucio, elaboraron a bandeira galega para felicitar o día da Materia 2020. Desde a rede social Facebook, levan todo o mes traballando en torno a este día e os seguidores puideron gozar de diversos vídeos con relatos da emigración, música, arte ou experiencias relacionadas con Galicia e o sentir galego.

"Seguiremos subindo material durante o verán porque habemos ter que ir seleccionando todo aquel que recibimos. Estamos encantados coa resposta que reciben os nosos traballos e queremos dar as grazas a todos os participantes pola súa colaboración. É un orgullo e unha satisfacción seguir tecendo redes e atopar a tanto galego e galega polo mundo, tanto de nacemento como de acolleita" declaraba a nosa embaixadora cabanesa Alejandra Plaza.

Ademais do cartel tan participativo recompilaron as mellores imaxes fotográficas de Galicia e, así, grazas ao traballo fotográfico de marabillosos embaixadores como Maensa Fotografía, a incrible voz de Andrea Pousa e o embrujo de Enrique Domínguez, Bruxo Queiman, os amantes de Galicia poderán gozar, coñecer e deleitarse cos encantos e o abanico de propostas que a terra onde ninguén se sente forastero ofrece.

"É un auténtico pracer contar coa amizade e a profesionalidad de Lucio, de Andrea, de kike e de Maensa. Traballar con eles nunca é traballo, é unha reunión de amigos de onde xorden grandes cousas como esta postal conmemorativa e esta viaxe de ensueño pola nosa terra de case dez minutos”, cóntanos Alejandra.

Novas relacionadas

Comentarios