luns. 02.12.2024
El tiempo

Os centros de ensino reaccionan con solvencia ante os escasos positivos

Medidas Covid Santa Comba 21-10-2020
Un dos panfletos informativos do Concello de Santa Comba ante as novas restricións
Os centros de ensino reaccionan con solvencia ante os escasos positivos

Este xoves comezaron a aplicarse en toda Galicia unha serie de medidas anti-covid, destacando a limitación dun máximo de 5 persoas para reunións sociais. De aí que Concellos como o de Santa Comba se preocupen por informar á súa veciñanza con esta serie de panfletos.

Se ben a incidencia do covid segue afectando levemente á comarca (nestes momentos non hai ingresados no HVDX e hai 5 concellos afectados (Carballo, Malpica, Vimianzo e Muros, estando só Laracha está no Nivel 3), séguense dando casos.

Centros de Ensino

Por exemplo, nos centros de ensino, como o IES Fernando Blanco de Cee, onde se iniciou o protocolo por un caso positivo, pero onde se mantén o funcionamento ordinario do centro.

Tamén a Escola Infantil de Vimianzo vén de rexistrar un positivo nunha das traballadoras, segundo anuncia o Concello, polo que se activaron todos os protocolos sanitarios pertinentes. O Concello comunicoulle a Sanidade os datos das nenas e nenos das aulas coas que estivo en contacto esta traballadora, que son as de bebés, e dúas de 1 a 2 anos, que en principio terán que pasar 10 días de illamento domiciliario.
Agora vai realizar a desinfección integral para que continúe con normalidade a aula de 2 a 3 anos, así como o servizo de transporte, seguirán funcionando con total normalidade. As nenas e nenos das aulas afectadas que non acudiran á Escola Infantil estes días, e que polo tanto, é imposible que estiveran en contacto con esta persoa, poderán acudir ao centro con total normalidade.

O Concello de Ponteceso reabre as súas portas tralo peche

Hoxe venres 23 de outubro, de 9:00h a 14:00h coa nova normalidade, atendendo con cita previa, despois de que o alcalde e persoal que traballa na administración recibiron PCR negativas e foron dados de alta, polo que deixan de estar confinados. Outros traballadores permanecen en teletraballo.

Feira parcial en Paiosaco

Na Laracha a Comisión municipal de seguimento ante a Covid-19, na que ratificaron a celebración dos contacontos no centro sociocultural de Paiosac ou a a andaina deste domingo polo entorno do río Bradoso, para a que todas as prazas están xa cubertas. En novembro os tradicionais Venres Teatrais celebraranse cunha limitación do 50% do aforo na Casa da Cultura da Laracha.

Mentres a feira de Paiosaco do 1 de novembro poderá celebrarse cun máximo do 50% dos postos de venda habituais, polo que estarán limitados a alimentación e produtos do campo. O recinto feiral estará valado perimetralmente para facilitar o control dos accesos.

Información

Medidas Covid Santa Comba 21-10-2020 2Medidas Covid Santa Comba 21-10-2020 3Medidas Covid Santa Comba 21-10-2020 4

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios