Martes. 15.10.2024
El tiempo

FERROATLÁNTICA

Concentración ás portas de Brens e reunión en Madrid

Concentracion as portas de Ferroatlantica-Foto-Placido Castro
Concentración ás portas da fábrical de Brens de Ferroatlantica-Foto-Plácido Castro
Concentración ás portas de Brens e reunión en Madrid

“Goberno, escoita a Industria está en loita”.
“Postos de Traballo, na nosa terra. Enerxía Solución”
“Queremos traballar, e non emigrar”
“Fornos parados, ruína da comarca”
”Feijoo cabrón, Enerxía solución”.

Concentracion as portas de Ferroatlantica-Foto-Placido Castro 1

Estes foron algúns dos berros que lanzaron onte os traballadores de Ferroatlántica na concentración que convocaba a CIG pola mañá. Unha concentración tremendamente numerosa na que a central e os traballadores piden solucións para o problema da enerxía nas industrias electrointensivas do país. Un dos argumentos das empresas para provocar estes EREs que tanto dano fan á comarca en materia laboral.

Falou tamén en  nome do BNG, Mini Rivas, que "asegura que se suman ao profundo cabreo porque mentres que a planta de Santander está case ao 100%, aquí está case parada. Dende o BNG reclamamos ao Goberno Central unha tarifa eléctricas para as industrias electrointensivas, e pedimos á Xunta que faga valer o seu peso iniciando o proceso de reversión das concesións hidroeléctrica e que presione a Villar Vir para poñer fin a esta situación, para que poña en funcionamento as fábricas de Sabón e Costa da Morte. Non é de recibo que Villar Mir tome revancha das loitas dos traballadores, que tanto conseguiron en 2017, cando impediron que vendera as centrais”.

Encontro en Madrid co Director de Industria

Xuntanza Loli Toja, Margot Lamela, Ferroatlántica DX Industria

A deputada socialista Loli Toja, xunto coa portavoz de Cee, Margot Lamela, e o Comité de Empresa de Ferroatlántica, viaxaron onte a Madrid para analizar a situación da empresa e do sector das ferroaleacións xunto co director xeral de Industria, Galo Gutiérrez. A responsable socialista sinalou o esforzo realizado polo goberno de Pedro Sánchez para elaborar o Estatuto do Consumidor Electrointensivo, a piques de ser aprobado.

A responsable socialista sinalou que o texto do Decreto, xa redactado e enriba da mesa, suporá unha redución de entre un 10 e un 15 por cento do prezo do megawatio de enerxía, fundamental para garantir a viabilidade das empresas que operan neste sector.

Toja dirixiuse dende Madrid ao goberno galego para que se sume aos esforzos do goberno de España na busca de solucións ao problema da enerxía, que neste caso afecta a unha empresa fundamental para Cee e Dumbría. Reclamoulle ao goberno galego que realice “tódolos esforzos posibles” para esixirlle á empresa que cumpra co compromiso de investimentos previstos e se implique na busca dunha solución de estabilidade para a empresa.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios